Club de Montaña O Caxado – Taramundi

25

O Domingo día 30 de Maio vamos a Taramundi en Asturias a facer unha camiñada pola Ruta da Auga P.R AS-!7. É unha ruta circular de 14 km, dificultade media -baixa que nos leva o longo do rio Turías e polos nucleos de poboación de Esquios, As Veigas e logo polo rego das Mestas e o conxunto etnografico dos Teixois e o museo dos muiños do Mazonovo de volta en Taramundi.
Para inscribirse chamade ó 654166777 antes das 8 do Venres 28.Existe a posibilidade de comer nas Veigas nun establecimiento de turismo rural ou ben levando a comida, así que a hora de inscribirse avisade da opción elexida.
A saída será as 8:30 de frente o Polideportivo Municipal e a volta pola tarde, hora á acordar, prazas limitadas, respetarase a orde de inscrición. 10€ non socios 5€ os socios.
Taramundi_1.jpg


Taramundi_2.jpg
Taramundi_3.jpg
Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios