Club de Montaña O Caxado – Costa da Morte

36

Esta fin de semana os compañeiros do club de montaña foron ata a costa da morte onde fixeron duas camiñadas pola zona. isto é o que nos contaron:
Sábado día 22/05/2010
Ruta Laxe_Camariñas 40 Km
A ruta comezámola en Laxe e fomos pasando polos pobos de Soesto, Traba, Camelle, Arou, Santa Mariña (Praia do trece) ata chegar a Camariñas. No percorrido temos que destacar o museo do Alemán en Camelle, a duna rampante, o cemiterio dos Ingleses, unha piscifactoría de rodaballo que das máis grandes de Europa, o primeiro parque eólico que se montou en Galicia e por suposto o maxestuoso faro do Cabo Vilán, pero o mellor é ir e velo.
Domingo día 23/05/2010
Ruta dos Muíños 18 Km
A ruta dos muíños transcorre baixo carballos, abeleiras e outras frondosas, o longo dun regato no que se poden atopar ata 23 muiños, logo segue ata o castro da Cidá de Borneiro, que por certo está moi ben conservado, despois seguimos ata o dolmen de Dombate que esta a ser recuperado, e logo de subir ó monte Castelo de 365 m que o máis alto da zona de Laxe e dende de onde se divisa a panorámica de Laxe, Corme, a desembocadura do río Anllons etc… seguimos de volta a Laxe onde para rematar achegámonos a ver a praia dos cristais producto do traballo do mar sobre os restos dun antigo vertedoiro de lixo o que creou unha praia de pequenos cantos rodados de cristal.
Laxe_Camarinas_Maio-2010_1.jpg


Laxe_Camarinas_Maio-2010_1.jpg
Laxe_Camarinas_Maio-2010_1.jpg
Laxe_Camarinas_Maio-2010_1.jpg
Laxe_Camarinas_Maio-2010_1.jpg
Laxe_Camarinas_Maio-2010_1.jpg
Laxe_Camarinas_Maio-2010_1.jpg
Laxe_Camarinas_Maio-2010_1.jpg
Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios