Medalla de plata para a selección española

95

A arqueira pontesa Gema Buitrón ven de conseguir esta mañá a medalla de plata en recurvo por equipos xunto ás súas compañeiras Magali Foulón e Helena Fernández tras caer ante o poderoso equipo ruso (Stepanova, Erdynyeva, Perova) na final por 202-195. Na loita polo bronce Italia venceu a Francia por 209-195.
Nas probas por equipos Italia impúxose en recurvo mixto, Suecia en composto mixto, recurvo masculino para Alemania, composto feminino para Bélxica e composto masculino para Rusia.
Nas probas individuais, en composto masculino gañou o británico Andrew Rikunenko, en composto feminino a rusa Viktoria Balzhanova, mentres que en recurvo masculino venceu o francés Romain Girouille.
Na final de recurvo feminino Natalya Erdyniyeva impúxose á Inna Stepanova por 6-4, o que indica o gran nivel do equipo ruso, namentres que o bronce fou a parar a mans da turca de 17 anos Unsal, que eliminou a Gema na rolda de dezaseisavos de final.
gema_buitron.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios