Nota de prensa BNG: O BNG DENUNCIA A CONVOCATORIA DUN PLENO URXENTE PARA APROBAR MÁIS DE 400.000€ EN FACTURAS

74

O Alcalde das Pontes ven de convocar para o luns, 31 de maio, ás 18 horas, un Pleno urxente, o que non sería noticia nunhas condicións normais. Pero As Pontes leva case que tres anos fora da normalidade.
Chama a atención que o PSOE pontés convoque unha sesión urxente cando o xoves, 3 de maio, dous días despois, vai ter lugar o Pleno ordinario. Tamén é chamativa a hora de celebración, xa que a maioría dos Plenos, por non dicer todos, son pola mañá por decisión do Alcalde.
Para o BNG, tanta excepcionalidade non pode ser coincidencia, ten que respostar a unha estratexia, que pode xustificarse no contido da sesión: aprobar facturas que no seu total supoñen case que 500.000€ e que deben ser tratadas en Pleno por ter, segundo os informes técnicos, irregularidades, tan importantes nalgún caso como que non lle corresponda pagalas ao Concello.
O BNG recorda que é o segundo Pleno en menos dun mes con contido similar. No anterior facilitouse o pago de facturas, tamén con reparos dos servizos técnicos municipais, por uns 100.000€. A reiteración pode supor dificultades de tipo legal para que o PP manteña o seu apoio ao PSOE.
As Pontes, 29 de maio de 2010
Asemblea Local do BNG

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios