FASE DE ASCENSO INFANTIL. CD AS PONTES 2 CD CIUDAD JARDÍN 2

100

Moi complicado o tiñan os locais tralo resultado da ida en A Coruña (7-2), ademáis o cadro herculino era moi físico e contundente en defensa, e con moita calidade de medio para arriba.
Sen embargo os azuis derono todo e comezou adiantandose o As Pontes por medio de Diego, anque os visitantes empataron antes de chegar ó descanso. Trala reanudación os coruñeses fixeron o 1-2, pero Diego volveu a situar as táboas no marcador. De ahí ó final o As Pontes buscou con ímpetu o gol, con varias ocasións para o propio Diego, pero o marcador non se moveu e o cadro coruñés é o que accede á seguinte fase.
O As Pontes despide asi unha sensacional temporada onde foi campión de Liga gañando todos os seus partidos, e cunha gran maioría de infantís de primeiro ano, o que augura unha boa tempada 2010-2011. Ademáis din adeus á temporada co premio de que sete dos seus xogadores actuarán fronte o Deportivo de A Coruña a semana que vén representando á selección comarcal.
Rebolo alineou a Ángel, Alberto, David, Iván, Hulk, Brais B, Nahúm, Jandro, Alex, Enrique, Diego. Na segunda metade entraron Rooney, Rey e Brais M.
cd-aspontes_infantil_1.jpg


cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
cd-aspontes_infantil_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios