TORNEO ALEVÍN DE FÚTBOL-7 “50 ANIVERSARIO CD AS PONTES”

49

Con motivo do cincuentenario do seu ingreso na federación de fútbol, o Club Deportivo As Pontes, recentemente ascendido á Terceira División, organiza este sábado, 5 de xuño, un torneo de fútbol-7 na categoría alevín e no que participarán un total de doce equipos de distintas localidades galegas. O Club conta co patrocinio do concello das Pontes e a colaboración de Endesa, Artes Gráficas Lujo e Coca-Cola.


Os doce conxuntos quedaron encadrados en catro grupos de tres equipos cada un. No grupo A están o Deportivo da Coruña, CD As Pontes B e Galicia de Caranza, no grupo B competirán o Viveiro, Meirás e Rácing de Ferrol, no C o CD As Pontes A, Milagrosa de Lugo e Numancia de Ares e finalmente no grupo D están o Celta de Vigo, Perlío e Eume Deportivo.
A torneo comezará ás dez mañá co partido As Pontes B-Galicia de Caranza, rematando a fase de grupos sobre as 14,00 co encontro Perlío-Celta de Vigo. As semifinais están programadas para as catro do serán e a final está prevista para as sete media (19,30).
Tamén están programados os partidos nas categorías infantil (16,45) e cadete (18,00) que enfrontarán os conxuntos do Deportivo da Coruña e as Seleccións de Fútbol Comarcal “AFACO”.
Salientar que o vindeiro sábado, 12 de xuño, será o xantar conmemorativo do cincuentenario do Club, que terá lugar nas propias instalacións do campo do Poboado, acto no que serán homenaxeados tódolos presidentes que tivo esta histórica entidade pontesa dende a súa federación en 1960 ata hoxe. Está prevista a asistencia de máis de 500 persoas, entre as que estarán tódolos planteis e corpos técnicos dos trece equipos do Club, directivos, antigos xogadores e directivos e representantes dos diversos estamentos deportivos galegos, da Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello das Pontes.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios