Torneo 50 Aniversario do Clube Deportivo As Pontes

54

No día de onte disputouse nos Campos do Poboado o Torneo Alevín de Fútbol 7, ademáis dos partidos da selección de Ferrol AFACO contra o Deportivo de A Coruña en infantís e cadetes, correspondentes ós actos conmemorativos do 50 Aniversario do CD As Pontes.
No torneo de Fútbol 7 deronse cita na final o Milagrosa e o Viveiro, despois de eliminar ós grandes favoritos Celta e Deportivo (2-1) respectivamente nas semifinais. Os lucenses da Milagrosa venceron ó Viveiro por 1 gol a 0, tanto de Nacho Arza, que rematou o torneo con 5 dianas, mentres o seu compañeiro Mario Mato anotou catro.
No encontro entre a selección infantil de Ferrol AFACO e o Deportivo de A Coruña venceron os visitantes por 0 a 5, xogando por parte local Ángel Prieto, Iván Carballeira, Alex Pico, Alex Fernández, Nahúm Martínez, Diego Filgueiras e Brais Blanco.
No partido cadete a selección de Ferrol impúxose ó Deportivo de A Coruña na quenda de penaltis (3-2), tras acabar o encontro con empate a un tanto. Xogaron por parte local, Cristian Arnoso, que fixo grandes paradas, Rubén Riveira, Juan Prieto, Alex Cabarcos e Darío Ledo, que marcou o tanto do empate.
O campo estivo ateigado de público durante todo a xornada nun torneo patrocinado polo Concello de As Pontes, Endesa, Hiperpapelería Carlin e Coca Cola.
torneo_50_aniv_1.jpg


Torneo Alevín Fútbol 7
Grupo A
Galicia Caranza 5 As Pontes B 0
Deportivo 5 Galicia Caranza 0
Deportivo 5 As Pontes B 0
Grupo B
Racing Ferrol 3 Meirás 0
Racing Ferrol 1 Viveiro 1
Viveiro 5 Meirás 0
Grupo C
As Pontes A 2 Numancia 0
Milagrosa 3 As Pontes A 0
Milagrosa 3 Numancia 2
Grupo D
Perlío 2 Eume 2
Celta 2 Eume 1
Celta 2 Perlío 2
Semifinais
Viveiro 2 Deportivo 1
Milagrosa 2 Celta 1
Final
Milagrosa 1 Viveiro 0
Selección Infantil AFACO 0 Deportivo de A Coruña 5
Selección Cadete AFACO 1 (3) Deportivo de A Coruña 1 (2)
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
torneo_50_aniv_1.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios