Primeira xornada da Copa do Mundo de Turquía

22

Na segunda proba da Copa do Mundo de Tiro con Arco que se disputa en Antalya (Turquía) a pontesa Gema Buitrón obtivo a 47º posición nas calificatorias con 621 puntos, Magali Foulón foi 32º con 633, Helena Fernández foi 36º con 632 e a xove naronesa Iria Grandal 55º con 615 puntos. Justyna Mospinek de Polonia (664), a china Ming Cheng (660) e a rusa Ksenia Perova (659) firmaron as mellores marcas. Todas as españolas califican para a rolda final das 64 mellores, nas que Gema se enfrontará mañá a complicada chinesa Jianping Yang, Foulón con Jager de Dinamarca, Helena contra a xeorxiana Esebua e Iria coa mexicana Aida Román.
Nas eliminatorias por equipos, España (Buitrón, Fernández, Grandal), coa 12º mellor marca, enfrontouse a Estados unidos (5º) nos oitavos de final, perdendo 207-191. China e Rusia loitarán polo ouro, Estados Unidos e a sorprendente Xeorxia, polo bronce.
En recurvo mixto os dous mellores tiradores de cada equipo, Magali Foulón (633) e Elías Cuesta (650) sumaron 1283 puntos, acadando o 15º posto e defrontarán mañá nos oitavos de final ó complicado equipo chino, segundo.


Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios