Gema Buitrón acaba 19ª na Copa do Mundo de Turquía

27

A arqueira pontesa Gema Buitrón concluiu na 19ª posición na disciplina de recurvo individual na segunda proba da Copa do Mundo disputada en Antalya.
Gemna venceu sorprendentemente á arqueira china Jianping Yang por 4-2 na rolda de trintaedousavos, caendo en dezaseisavos ante a india Deepika Kumari por 5-1. Outra española que tamén pasou de rolda foi a junior Helena Fernández que venceu a xeorxiana Kristine Esebua por 4-0, caendo máis adiante ante Jennifer Nichols de Estados Unidos por 4-2. Acabou 21ª.


Peor lle foron as cousas a Magali Foulón que perdeu na primeira rolda ante a danesa Maja Jager por 4-0 concluindo 46ª, e a prometedora naronesa Iria Grandal no seu debut nunha Copa do Mundo coa selección absoluta perdeu 4-0 ante a mexicana Aida Román e concluiu 47ª.
Para as semifinais clasificaronse Viktoriya Koval de Ucrania que defrontará á india Dola Banerjee e pola outra banda duelo fratricida entre as rusas Inna Stepanova e Ksenia Perova.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios