ACTOS DO 50º ANIVERSARIO DO CD AS PONTES: HOMENAXE ÓS EX – PRESIDENTES

54

Con motivo do 50º aniversario do CD As Pontes, onte tivo lugar no campo do Poboado o acto de imposición da insignia de ouro do Club ós presidentes que tivo a entidade dende 1960. Recibiron esta distinción e un pergameo de agradecemento os ex-presidentes Lucio Rubio de Antonio, José Luis Soto Soria, Ricardo Barredo González, Xosé Manuel Da Silva Bello e o propio Xaime Castro Paz, ademais dos familiares de Ramón Tobar Ochoa de Alda, Fernando Alarcón Hernández, cuxo fillo se desprazou unhas horas dende Madrid para asistir a este acto, e Constantino Parajón Parajón, os tres falecidos recentemente.
Deixouse notar a ausencia dos ex-presidentes Juan Manuel Cabal García e Fermín Gil Alonso, que por estar de viaxe non puideron asistir á súa homenaxe, así como a de Rodolfo Yebra Rozas, home que estivo moi vencellado ó Club nos primeiros anos, e a de Evaristo Puentes Durán, pai do ex-árbitro de primeira división, de quen o alcalde das Pontes na súa intervención dixo “Este club obtivo grandes éxitos, é certo, levamos disfrutado tardes gloriosas neste campo do Poboado, no que tanto ten traballado o amigo Evaristo, figura sen a que non se pode entender a historia destas instalacións, por coñecelas e coidalas palmo a palmo, para o que pido un forte aplauso…”
50aniv_cdaspontes_01.jpg


O acto, ó que asistiu o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, as concelleiras Eva Conde e Montserrat García, en representación da Deputación Provincial, o presidente da federación galega de fútbol, Carlos Meana, Carlos Romero en representación de Endesa e representantes de diversas firmas comerciais que colaboran co Club. Tamén asistiron a este entreñable e emotivo acto de homenaxe algúns xogadores do primeiro plantel do Calvo Sotelo de 1960, como Nené, Maltrana, Cao, Requeté, Teruel, que recibiron un agasallo do Club e unha calorosa ovación por parte dos asistentes.
Xaime Castro agradeceu a tódolos presentes, uns 600, a súa asistencia e felicitou a tódolos equipos da entidade e ós homenaxeados. Carlos Meana felicitou ó club por este cincuenta aniversario e finalmente, o alcalde pontés, Valentín González Formoso, resaltou a figura de Evaristo Puentes Durán e fixo un breve repaso á historia do Club “Sen dúbida por este Club levan pasado centos de persoas, que co ineludible paso do tempo fóronse facendo maiores e alexándose do fútbol, i tempo retirounos deste deporte, pero non debe facelo da nosa memoria como club, e por iso actos coma o que nos ocupa son a mellor maneira de recordar que por aquí pasaron grandes xogadores, técnicos, directivos, grandes deportistas e sobre todo grandes persoas, que non vou a citar por non deixar a ninguén no olvido, porque todos e cada un deles contribuíron co seu grao de area con este proxecto deportivo…”
Logo do xantar e dos actos protocolarios de homenaxe a tarde rematou cunha alegre festa.
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
50aniv_cdaspontes_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios