As Pontes-Veciños da vila entregan ao alcalde máis de 400 sinaturas contra a tala de árbores na Madalena

62

[Diario de Ferrol] A execución das obras de canalización do subministro de auga, alcantarillado e pavimentación que o Concello está levando a cabo no Poboado da Magdalena supuxeron tamén a tala dunha serie de árbores localizados na zona. Un grupo de veciños da vila pontesa presentou onte no consistorio un escrito rubricado por máis de catrocentas persoas no que manifestan ao alcalde, o socialista Valentín González Formoso, a súa disconformidade con respecto á mencionada eliminación de árbores.
O colectivo veciñal denuncia que anteriormente o Concello executou obras idénticas noutra rúa do Poboado, sendo o resultado final a tala das árbores existentes, “coa conseguinte perda estética, ambiental e de calidade de vida”, afirman. A peatonalidade, o espazo verde e as áreas de xogo son, segundo os veciños da zona, as grandes vantaxes de residir no Poboado da Magdalena, afirman os afectados, subliñando en todo momento tanto a importancia das obras que se están a acometer como a necesidade puntual de eliminar as árbores que causen un prexuízo para tal fin. O colectivo incide en que debería existir unha planificación global con respecto ao Poboado da Magdalena, evitando a fragmentación do mesmo e unificando criterios estéticos e de calidade medioambiental.


Os asinantes do documento presentado onte no Concello das Pontes esixen coñecer pormenorizadamente o proxecto da obra que se está acometendo na actualidade, así como as vindeiras actuacións previstas na zona. Ademais, demandan a restauración das zonas verdes, devolvéndoas ao seu estado orixinal na medida do posible, plantando novas árbores ou buscando especies que non causen danos.
O colectivo incide en que as políticas urbanísticas deberían rexirse por criterios de responsabilidade ambiental, sostibilidade, potenciación de áreas verdes e mellora da calidade de vida, algo que, según aseguran, “non detectamos no equipo de goberno pontés”. Os veciños agardan que o consistorio atenda as súas demandas e remedie a situación.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios