Crónica do Grupo Xuvenil o fin de semana do 12 e 13 de xuño

70

O clube Grupo Xuvenil As Pontes ben de disputar na tarde do sábado 12 o campionato galego de maratón, onde disputaron a regata duas das súas embarcacións, o C2 De Hernán Fernández Blanco e Richar Estevez H. que acadou a 4ª posición, a pesar de que Richar arrastraba problemas debido a súa alerxa o polen que sin dubida lastrou as súas posibilidades de acceder o podium.
Por outra parte o K2 de Antonio Polo Campello e Carlos Pedreira Carneiro(xa recuperado dos problemas musculares que arrastraba) impuxeronse na súa regata con certa autoridade o facer 27 dos 30 quilometros dos que constaba o campionato en solitario e obtendo unha renta sobre os segundos e terceiros clasificados en torno os 2′.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios