Ismael López e Diego Bellas convocados pola selección de Ferrol Afaco

98

Os futbolistas do As Pontes, Isma, lateral dereito, e Chungui, media punta, foron convocados pola selección ferrolá Afaco para os adestramentos que se levarán a cabo este próximo día 18, previos ó partido homenaxe desta selección contra o Eume Xuvenil, campión de Liga, que se disputará o domingo día 20.
Resaltar tamén que durante esta semana xogarase no Campo de O Poboado o partido de volta da Copa Afaco Xuvenil entre o CD As Pontes e o Eume, con ventaxa de 2-1 para os de Pontedeume tralo encontro de ida. O vencedor da eliminatoria xogará a final contra o Numancia.


A convocatoria completa é a seguinte:
Narón: Adrián Paz, Diego Seijido, David Piñón, Jose Daniel, Pedro Rolón.
O Val: Aitor Abuín, Iago Martínez, Cristian Buyo, Iván Bahamonde.
CD As Pontes: Ismael López, Diego Bellas.
Cebarca: Alberto, Diego.
Meirás: Adrián López, Luis Blanco.
Numancia: Antón González, Jorge Barros.
San Sadurniño: Amaro Miguel.
Galicia Mugardos: David Romero.
Rápido Neda: Rubén Rodíguez.
Perlío: Raúl Silvar.
Ortigueira: Darío Fustes.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios