Copa de Europa de Triatlón Pontevedra 2010

21

Pontevedra acolleu onte unha proba da Copa de Europa de Triatlón por terceira vez consecutiva. A competición foi un gran éxito de organización e de presencia de público e serviu de aperitivo para os Campionatos de Europa Absolutos que se celebrarán en esta cidade en 2011.
triatlon_01.jpg


En ausencia do seu gran rival, Alistair Brownlee, Javi Gómez Noya deu un gran recital. Saiu da auga con máis de medio minuto de ventaxa, distancia que aumentou a tres minutos no tramo a bici con respecto ó resto do pelotón, e rematou a contundente victoria con comodidade na carreira a pé.
En segunda posición quedou o campión mundial junior, o balear Mario Mola. Terceiro foi o alemán Tomas Springer . Outros postos foron Ramón Egeda (12º), Fernando Alarza (14º), Antón Ruanova (18º), Jesús Gomar (19º), Miguel Fidalgo (20º) e 22º o subcampión de Europa junior de duatlón, Uxío Abuín.
O triatleta ferolán tardou 1 hora 46 minutos e 22 segundos en cubrir o 1.5 kilómetro de natación, 40 kilómetros en bicicleta e 10 de carreira a pé. Javi gañou esta proba tamén en 2008, e Dimitry Poliansky en 2009.
Na categoría feminina a victoria foi para a británica Jodie Swallow, segunda a checa Radka Vodickova e terceira a alemana Anja Knapp. A mellor española foi María Pujol (8ª), namentres que a subcampoiona de Europa sub23 de duatlón Aída Valiño foi 14ª. Outros postos, Estefanía Domínguez (17ª), Marta Jiménez (19ª), María Ortega (21ª) e Saleta Castro (22ª).
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
triatlon_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios