Borja Prieto entra na convocatoria da selección española para o Europeo de Avilés

39

O palista pontés Borja Prieto Valera ven de ser convocado pola federación española de piraguismo para os Europeos que se celebrarán no embalse de Trasona, en Avilés, do 1 ó 4 de Xullo.
Borja, quen a pesar de todo non ten segura a súa participación e deberá convencer ós tecnicos igual que o resto dos seus compañeiros durante estes días de preparación opta ó K1 500 e ás 3 distancias de K4.
Os palistas con máis posibilidades de medalla en principio serán os campións olímpicos Perucho-Craviotto, os campións do mundo Merchán-Cosgaya ou Teresa Portela. Destaca a presencia do incombustible David Mascato e do palista de Pontedeume Yeray Picallo.


Os convocados son:
K1 200: Pablo Andrés
K1 500: (por decidir entre Emilio Llamedo, Borja Prieto, Diego Piña, Iñigo Peña ou AG Toriello)
K1 1000: Javier Hernanz
K2 200 e 500: Carlos Pérez Rial “Perucho”-Saúl Craviotto
K2 1000: Diego Cosgaya-Emilio Merchán
K1 5000: (por decidir)
K4 (por decidir entre Rodrigo Germade, Emilio Llamedo, Borja Prieto, Diego Piña, Iñigo Peña e Víctor Rodríguez).
C1 200: André Oliveira
C1 500: Jose Manuel Sánchez
C1 1000: Jose Luis Bouza
C2 200 e 500: David Maquieira-Jacobo Domínguez
C2 1000: Yeray Picallo-André Oliveira
C1 5000: por decidir
C4 (por decidir entre David Mascato, Diego Romero, MA Campos, Damián Ramos e David Cal)
K1 200: Teresa Portela
K1 500 (por decidir entre Teresa Portela, Sonia Molanes, Isabel García, Beatriz Manchón e Jana Smidakova)
K1 1000: María Corvera
K1 5000: Jana Smidakova
K2 200: Sonia Molanes-Isabel García
K2 500: Laura Pedruelo-Isabel Contreras
K2 1000: Beatriz Manchón-Jana Smidakova
K4 (por decidir entre Teresa Portela, Sonia Molanes, Isabel García, Beatriz Manchón e Jana Smidakova)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios