O AS PONTES XUVENIL DISPUTARÁ A FINAL DA COPA AFACO

58

O CD As Pontes xuvenil clasificouse para xogar a final da Copa da Asociación de Fútbol Afeccionado da Comarca (AFACO) ó superar na semifinal ó Eume Deportivo. O Eume gañara no partido de ida por 2-1 e no partido xogado na tarde do mércores 16 os ponteses venceron con claridade ós pontedeumeses por 3-0.
Partido cómodo para os ponteses que dominaron ó longo de todo o encontro diante dun Eume Deportivo, campión de liga, que acudiu ó Poboado a manter a súa mínima vantaxe do partido de ida. No minuto 35 da primeira parte Abeás logrou o primeiro gol local e ós quince minutos do segundo período Ali puxo o dous a cero e no minuto 27, Antón, de penalti estableceu o definitivo resultado de 3-0.
Xogaron polo CD As Pontes: Julián, Gogas, Carlos (Rubén, 70), Toti, Juan, Xavi (Antón, 63), Álex, Abeás, Ali (Guille, 63), Chungui e Fernando (Kilian, 53).
A final disputarase o sábado 26, probablemente no campo da Gándara de Ferrol, diante do Numancia de Ares, conxunto que eliminou en semifinais ó Cebarca polo resultado global de 8-4 (2-5 na Barqueira e 3-2 en Ares).
xuvenil_01.jpg


xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
xuvenil_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios