Cronica do Grupo Xuvenil As Pontes no fin de semana do 19 e 20 de xuño

40

Coa chegada dun novo fin de semana a sección de pista do Grupo Xuvenil desprazouse ata Ourense para disputar o Descenso Internacional do Miño de Ourense que discorre polo encoro de Velle.
Nesta ocasión tan só se desprazou ata alí a embarcación K2 de Carlos Pedreira e Antonio Polo, xa que o resto do equipo tivo problemas de axenda para acudir a esta cita.
Como ven acostumando esta embarcación fixose co triunfo final, máis desta vez foi nun longo,duro e agónico sprint con outras tres embarcacións que entraron todas nun espazo de dous segundos, así e todo os de As Pontes levaron o peso da competición de principio a fin tirando a totalidade dos 15kms. dos que constaba a competición.
Sprint.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios