DIEGO BERMÚDEZ E O ALCORCÓN CONSIGUEN UN HISTÓRICO ASCENSO A SEGUNDA DIVISIÓN NO ÚLTIMO MINUTO

86

O futbolista pontés Diego Andrés Bermúdez Penabad ven de conseguir hai uns minutos co equipo madrileño do Alcorcón o ascenso á Segunda División A do fútbol español tras vencer con remontada incluida por 3-2 ó Ontinyent. Tralo 1-1 na ida, os valencianos puxeronse 0-2 na primeira metade, e no segundo tempo os madrileños necesitaban tres goles pra conseguir o ascenso, no 75´ marcaron o 2-2, chegando a fallar Mora un penati quedando 5 minutos. Xa no minuto 93´ Iñigo López marcou o 3-2 provocando o xúbilo no público local, tal foi a alegría que varios afeccionados invadiron o campo e o colexiado tivo que deter o encontro durante varios minutos.
chutando001.jpg


O conxunto madrileño, que eliminou nos dezaseisavos de final da Copa de España ó todopoderoso Real Madrid, perdendo nos oitavos ante o Racing de Santander pola mínima, acabou líder do grupo segundo de 2ª División B, con 73 puntos, por diante do histórico Real Oviedo (68).
Na promoción directa a Segunda División que xogan entre si os catro campións de grupo, os amarelos perderon contra o Granada, 2-0 en Andalucía, 1-0 en Madrid, contra o que posteriormente sería o mellor equipo da categoría tras vencer no duelo de ascendidos á Ponferradina.
No play off de repesca que outorgaba as dúas restantes plazas, os madrileños venceron ó Pontevedra, 0-0 en Pasarón e 3-0 en Santo Domingo, e xa no duelo final contra o Ontinyent, 1-1 en terras valencianas, e 3-2 hai uns minutos.
Bermúdez, quen no segundo tramo da tempada apenas puido participar co resto dos seus compañeiros tras romper un dedo dun pé, xogou os 6 partidos da promoción cun gran rendemento no lateral esquerdo.
Os ascendidos a Segunda División son Granada, Ponferradina, Alcorcón e Barcelona B.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios