Entrevista a Daniel Feijoó Ferreiro, por Xose Ferreiro

703

Catro veces campión galego, tres de España, medallista en varias Copas de Europa, elixido mellor deportista de As Pontes, o seu momento cumbre chegou aquel verán de 1997 nos Campionatos do Mundo Junior celebrados en Lahti, Finlandia. O día anterior consigue o subcampionato en K4 1000 metros por detrás dos talentosos húngaros, que gañan con autoridade. Pero aquel 22 de Xullo, no K4 500, queda a so tres centésimas de proclamarse CAMPIÓN DO MUNDO … A selección alemana, liderada polo entonces prometedor Ronald Rauhe (posteriormente 13 veces campión universal), acaba logrando o triunfo. Pero o noso protagonista consigue xunto ós seus compañeiros dúas medallas de plata e escribe unha das páxinas máis brillantes da historia do deporte pontés. Como non, o Piraguismo, ese deporte que tantísimas alegrías deu a esta vila, sirva esta entrevista como modesto recordatorio e homenaxe a tantos e tantas piragüistas que pasaron polo histórico Grupo Xuvenil Endesa, moitos deles, innumerables, medallistas, campións galegos, de España … Tres anos despois de abandonar definitivamente a competición puxenme en contacto con este gran deportista que estivo a escasos centímetros de ser CAMPIÓN MUNDIAL, e agradezolle a súa predisposición e tamén a paciencia que tivo conmigo durante estas últimas semanas (jeje)…
Hoxe, na páxina de Amigus falamos con … … … DANIEL FEIJOÓ FERREIRO …
daniel_feijoo_ferreiro_01.jpg


Hola Dani, antes que nada, moitísimas gracias por concederme estes minutos, ¿que foi da túa vida deportiva durante estes anos?, sei que seguiches competindo, incluso fuches campión galego e de España, pero contanos algo destes últimos anos.
Hola Xose, de nada, pois deixei o piragüismo no ano 1998 para estudiar e máis tarde traballar. No 2004 volvín ó clube pra facer as labores de adestrador, e xa de paso decidín volver a competir para botar unha man ó equipo nas competicións. Como estivera moito tempo sen adestrar non tiña moitas expectativas, pero gracias a que había un bo equipo e grandes compañeiros as cousas saíron mellor do que esperaba e fomos campións galegos e de España. Incluso fun seleccionado xunto a Antonio Polo para representar a España nunha Copa de Europa de Marathon. Deixei a competición definitivamente no ano 2007.
Daquel momento xa pasou moito tempo, os anos pasan para todos nos, creeme, jeje, pero ¿como é agora a vida de Daniel Feijoo?, ¿a que che gusta adicar o teu tempo?, e ¿como vives o mundo do piraguismo a dia de hoxe?.
Pois agora mesmo non traballo, teño menos pelo, máis barriga, estou “intentando” aprender a tocar a guitarra eléctrica, gustame viaxar cando podo e a festa xa me gustou máis do que me gusta agora, jeje. E do mundo do piraguismo ando algo desconectado, vou moito polo pantano pero xa hai tempo que non monto nunha piragua.
daniel_feijoo_ferreiro_01.jpg
O da barriga tomaremolo como un chiste … Hai uns meses fixenlle a mesma pregunta á gran Lucía, o teu palmarés é incuestionable, pero ¿cales crees que foron os motivos polos que quizáis non culminaches esa progresión que levabas?, falta de medios, apoio, oportunidades, tempo, estudos …
No meu caso foron varios factores os que se xuntaron. O primeiro foi a falta de motivación. Dende que era infantil tiña como obxectivo participar en un Campionato do Mundo e loitar por algunha medalla, e cando o conseguín, por partida doble, xa non sabía moi ben que obxectivos marcarme. Sí, está o soño olímpico, pero sabía que tiña que traballar moi duro durante moitos anos e con moi poucas posibilidades de acadalo. Outro factor foi as condicións que me ofrecían na Selección Española, estar lonxe da casa e deixar os estudios por 40.000 pesetas ó mes. E nada, decidín voltar á vida normal dun rapaz de 18 anos.
Unha pregunta que sempre che quixen facer, no seu día, un coñecido de ambos, comentoume que na regata de 1000 metros fuchedes segundos claramente por detrás de Hungría, pero no 500 fixo falta a foto finish para acabar outorgando a victoria ós alemáns, ¿que me podes dicir dese momento único?.
Pois a chegada si que foi moi apretada, pero nós xa sabíamos que quedaramos segundos porque tiñamos ós alemáns xusto ó noso carón. Reclamamos a “foto finish” porque non tiñamos nada que perder e podía tocarnos a “lotería”, jeje. Pero ó final saiu o que pensábamos e perdimos por 3 centésimas.
daniel_feijoo_ferreiro_01.jpg
A pesar do tremendo éxito, neses intres, ¿quedaches algo “triste” por estar tan cerca de ser campión do mundo e tocar o ceo coa punta dos dedos ou unha medalla mundialista é algo inesquecible?.
Que va! Tristes non, para nada. O día anterior fóramos subcampións do mundo en 1000 metros contra todo pronóstico e xa estábamos satisfeitos. Entón para o 500 decidimos ir a por todas e arriscar con unha saída suicida. E así foi, na metade da regata a xente alucinaba porque íamos moi destacados con respecto ó resto. Pero nos últimos metros as forzas fallaronnos e os alemáns acabaron pasandonos cando apenas faltaban 10 metros. Aínda así penso que o celebramos nos máis ca eles, jeje.
Dani, o mundo do deporte é moi sacrificado, e ¿que che vou contar do piraguismo?, tantas horas e tantos kilómetros palexando, as inclemencias do tempo, aquí en As Pontes nin che conto, jeje … quedas subcampión do mundo, subes ó podio, recibes a medalla … En ese momento, ¿que sintes?, ¿que sensacións tes? ¿De quen te acordas?
Buf, boa pregunta, pois nese momento un sintese na gloria, anque chorar non chorei eh, jeje. E acordarme, pois acordeime dos meus adestradores, dos meus compañeiros, deses amigos que sempre se interesan polo que un fai, e tamén da familia.
daniel_feijoo_ferreiro_01.jpg
Contanos, ¿como foi para ti toda esa experiencia inolvidable?, a cidade de Lahti, Finlandia, os compañeiros de selección, había máis xente de As Pontes en ese mundial … Falanos un pouco dese maravilloso mes de Xullo de 1997.
Pois foi moi boa experiencia. Finlandia é un país fermoso e por riba no verán ten o famoso sol de medianoite (anoitecía a 1 da madrugada e saía o sol as 5 da mañá). Coma ti ben dis, si que había máis xente de As Pontes, Gonzalo Lopez Alvariño ¨Gori¨, que quedou 7º en C-4 1000 metros e Teresa Albo que é de Viveiro pero daquela competía no noso clube e tamén foi 7ª en K-4 500. E as cousas saíron moi ben deportivamente. O único malo foi que estábamos castigados por portarnos “mal¨ na Copa de Europa dous meses antes e non nos deixaron sair a celebralo, jeje.
¿Que fariades?, jeje … A parte da túa calidade, indiscutible, ¿que cualidades ou cales crees que foron as razóns para que te levaran coa selección española?
Pois mira, nun principio cualidades non deberon apreciar moitas porque non me convocaban coa Selección Española, a pesar de que fun 5º no Campionato de España Cadete. Pero o meu adestrador do clube daquela, Pablo Tenreiro, sabía que me facía moita ilusión e que aínda tiña marxe de mellora. Asi que lle insistiu ó seleccionador e finalmente chamaronme, e xa ves que a cousa non saiu tan mal. Pódese dicir que a razón foi Pablo Tenreiro jeje.
¿Que sinte un rapaz de 16, 17 ou 18 anos ó acudir a un Europeo e a un Mundial?
Pois un sintese o rei do mambo, porque é unha subida de autoestima tremenda. Fas o que máis che gusta e por riba falo ben. Ademáis son experiencias novas, viaxas, coñeces a xentes e culturas distintas. Pero tamén é importante saber asimilar todo esto humildemente, anque iso casi depende máis do teu entorno.
En aquel Mundial compartiches kaiak con Manuel Muñoz, de Huelva, Alberto Rodríguez, de Portonovo, e o vigués Aique González. Manuel e Aique foron posteriormente medallistas en Mundiais Absolutos, xunto a Jaime Acuña e Oier Aizpurúa. Unha pregunta comprometida, ¿que sentiches por dentro?, alegría por eles, algo de envexa sana, cun pouco de sorte eu podería estar no seu lugar …
Sentín moita alegría. Envexa non porque no seu momento elexín coller outro camiño e non me arrepinto. Pero a mellor alegría foi ver a Carlos Pérez Rial “Perucho”, que foi compañeiro meu de habitación e de moitos adestramentos durante dous anos, ser Campión Olímpico no 2008. ¡Tiñasme que ver como saltaba no sofá da miña casa! Jejeje

daniel_feijoo_ferreiro_01.jpg

Manuel Muñoz, Dani Feijoo, Aique González, Alberto Rodríguez. Detrás o campión olímpico Carlos Pérez Rial “Perucho” e máis ó fondo Fiz Fernández.

En ese momento ó gran Borja Prieto pasoulle algo parecido, bueno, confesemos, todos saltamos un pouquiño ese día*, jejeje, ¿que nos podes dicir de Perucho?, ¿xa se lle vían maneiras daquela?, ¿podes contar algunha anécdota?
Perucho era un rapaz que xa se sabía que ía chegar lonxe, desde os 14 anos sempre estivo fóra de casa concentrado coa selección galega ou española, e ademáis era o clásico cativo que era bo e gañaba a todo, fútbol, baloncesto, natación… Unha anécdota que che podo contar era un día que estábamos concentrados en Chantada, facía moito frío e incluso nevaba, pois él ía en camiseta como se tal cousa, jejeje
Jeje, ¿Que foi o que che levou a introducirte no mundo do piraguismo?
Pois cando tiña 13 anos foi xente do Grupo Xuvenil a dar unha charla ó colexio sobre como era o piragüismo. Ós meus amigos e a min chamounos a atención e decidimos apuntarnos para o verán. Cando ían comezar os cursos, os meus amigos botáronse para atrás e eu xa non quería ir tampouco. Pero miña nai convenceume de que probase para ver si me gustaba. Fun a regañadentes … e aquí me tes, jeje.
Que sería de nos sen as nais eh … ¿Que recordos tes da túa longa estancia no Grupo Xuvenil?
Pois todos son bos recordos. Coñecín ós meus mellores amigos, tiven moi boas experiencias e aprendín moito sobre o deporte e sobre a vida tamén. Con dicirche que con 15 anos íamos 15 rapaces a adestrar as 6 da mañá antes de ir ó colexio, xa te podes facer unha idea do moito que nos gustaba, jeje.
Nos teus comezos no Grupo Xuvenil ¿tiveches algún referente?, o clásico compañeiro de equipo exitoso que tomases como exemplo ou espello.
Pois claro que si! Pero non só nos meus comezos, tiven referentes ata o día en que me retirei. E tamén aprendín moito de xente que, anque non acadaba bos resultados, esforzabase ó máximo e tiña todos os meus respetos. Por dicir algún nome: Corral … Torrente, Alén, Serafín, Jaime, Polo, Iago, Pena, Hugo, María Polo, Ramos, Saray, Juan Caaveiro, Otero, Mouta, Marcos, Penenq, Gory, Bellas, Pico, Bruno, Borja, César, Marta, María, Virginia, Turu, Mieres, Damián … e tamén todos os adestradores, en especial, Pablo Tenreiro.
Homenaxeados quedan todos eles … ¿Como ves a día de hoxe o piraguismo galego e español?
Pois deportivamente está no seu mellor momento, pero a nivel institucional segundo me comentan hai algúns dirixentes que non se portan todo o ben que poderían, pero bueno, listos que se aproveitan do traballo dos demáis hainos en tódolos sitios.
Que razón tes Dani, e agora, no panorama piraguistico actual, ¿sigues a alguén en particular?
Pois por suposto sigo á xente de As Pontes e tamén ós meus antigos compañeiros da Selección Española.
A última, dime o teu mellor momento, a túa mellor carreira e a regata máis dura.
A miña regata máis dura puido ser nun Campionato de España de Marathon en K-2 xunto a Antonio Polo. Envorcamos nada máis saír, nadamos ata a beira, achicamos a piragua, comezamos de últimos e despois de case 40 kilometros e dúas horas e media rematamos cuartos e collendo ós terceiros. E si teño que elexir, as miñas mellores carreiras e ó mesmo tempo os meus mellores momentos, escollerei tres. A primeira medalla que gañei nun Campionato de España, bronce, no ano 1994, por suposto as dúas medallas no Campionato do Mundo de 1997, e o Campionato de España en 2006, no que acadei 4 medallas.
daniel_feijoo_ferreiro_01.jpg
Bueno Dani, non che roubo máis tempo, moitísimas gracias, foi un luxo e un pracer para min, que che vaia todo ben, e reiterarche o meu agradecemento pola paciencia que tiveches conmigo estas últimas semanas, jeje.
Nada home, o pracer foi meu. Aquí estamos para o que queiras!

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios