A SDC ROUPAR ORGANIZA O 1º TORNEO DE FÚTBOL-7 SENIOR

40

roupar.jpgA vindeira fin de semana a Sociedade Deportiva e Cultural Roupar, que esta temporada logrou o ascenso á Segunda Autonómica, organiza, en colaboración co Concello de Xermade, o primeiro torneo de fútbol-7 senior, que se celebrará no Campo Novo de Roupar e cunha participación máxima de 24 equipos.
O sorteo dos emparellamentos será este venres 25 a partir das 21,00 horas no Bar Ares, de Roupar de Abaixo. Os partidos comezarán sobre as dez da mañá do sábado 26.
O campión recibirá un trofeo e 1.300 euros de premio, o segundo clasificado, trofeo e 600 euros mentres que o terceiro recibira un trofeo e 200 euros en metálico.


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios