FINAL COPA AFACO XUVENIL. SRD NUMANCIA DE ARES 2 CD AS PONTES 4

82

Triunfo do equipo xuvenil pontés na Final da Copa Afaco disputada hoxe no Campo de San Sadurniño, que contou con gran presencia de público, a maioría de Ares, por 4 goles a 2 ante o Numancia nun partido moi disputado e que non se resolveu ata os últimos instantes.
Comezaban moi ben as cousas pra os azuis co gol de Tara no minuto 2´ tras un saque de falta que sorprendeu ó porteiro numantino. Mellor se poñían no 44´ cando os de Ares quedaban con dez e acto seguido Toti, tras controlar na área, poñía o 0-2 no marcador antes de irse ó descanso.
Na segunda metade os ponteses puideron sentenciar en varias ocasións, Alex, Kilian, Borja ó longueiro … pero foron os numantinos, que non se renderon en ningún momento, os que situaban o 1-2 no marcador no 78´. Pouco lles durou a alegría pois apenas un minuto despois Tara envía un gran pase en profundidade para Borja quen marca a pracer despois de regatear ó porteiro. No 89´ volveu marcar o Numancia tras unha indecisión da zaga local, pero apenas uns segundos despois Borja regatea ó defensa, marca con temple ante a saída do porteiro e conseguía o 2-4 que sería definitivo.
Sensacional broche a unha tempada na que, entre outras cousas, conseguiuse o ascenso a Tercera División, e as Ligas Infantil e Feminina.
Despois de 31 Ligas e 24 Copas comarcais das categorías inferiores do CD As Pontes, hoxe o equipo xuvenil conseguiu a primeira edición da Copa Afaco na que participaban os 11 mellores equipos da Comarca.
Carballo xogou con Julián, Gogas, Carlos, Toti, Juan, Xabi Pellón, Alex Cabarcos (Hugo 61), Abeás (Guille 61), Ali (Borja 50), Tara e Fernando (Kilian 50).
Final-Copa-Afaco-Xuvenil_1.jpg


COPA AFACO 2010
Grupo 1
Partidos: Cebarca 2 Perlío 1, Rápido de Neda 1 As Pontes 4. Rápido de Neda 4 Perlío 1, As Pontes 3 Cebarca 4. Cebarca 2 Rápido de Neda 2, Perlío 1 As Pontes 9.
Clasificación: 1º CEBARCA 7 (+2), 2º AS PONTES 6 (+10), 3º Rápido de Neda 4, 4º Perlío 0 (-12).
Grupo 2
Partidos: Ortigueira 0 Meirás 4, Galicia Mugardos 2 Eume 4. Galicia Mugardos 2 Meirás 1, Eume 9 Ortigueira 0. Ortigueira 1 Galicia Mugardos 8, Meirás 3 Eume 0.
Calsificación: 1º EUME 6 (+8), 2º Galicia Mugardos 6 (+6), 3º Meirás 6 (+6), 4º Ortigueira 0 (-20).
Grupo 3
Partidos: Numancia Ares 4 O Val 2, San Sadurniño 1 Numancia Ares 4, O Val 4 San Sadurniño 0.
Clasificación: 1º NUMANCIA 6 (+5), 2º O Val 3 (+2), 3º San Sadurniño 0 (-7).
Semifinais
Numancia Ares 3 Cebarca 2
Eume 2 As Pontes 1
Cebarca 2 NUMANCIA DE ARES 5
AS PONTES 3 Eume 0
Final
Numancia Ares 2 AS PONTES 4
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil
Final Copa Afaco Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios