Gema Buitrón, medalla de bronce no Campionato de España.

63

A arqueira pontesa Gema Buitrón Cortiñas ven de conseguir hai uns minutos a medalla de bronce no Campionato Estatal celebrado en Huesca esta fin de semana. Repite asi o mesmo metal que obtivo hai uns meses no Estatal en Sala.
Nas roldas preliminares de onte, Magali Foulón obtivo a mellor puntuación con 639 puntos, segunda foi Gema con 632, terceira Iria Grandal con 616 e cuarta Helena Fernández con 614.


Na mañá de hoxe comezaban as roldas eliminatorias, Gema quedou exenta nos dezaseisavos, nos oitavos impúxose a Gisela Cardenas de Baleares por 5 a 1, en cuartos á catalana Anna Costa por 6-0, pero nas semifinais veuse sorprendida pola xove naronesa Iria Grandal que venceu por 6-4. Tamén estivo apretado o otro duelo de semis no que Magali venceu a junior Irene Delgado tamén por 6-4.
A loita polas medallas tivo pouca historia e Gema venceu a madrileña Irene Delgado por 6-0 na puxa polo bronce, e na final a xuventude de Iria contrastou coa veteranía de Magali Foulón, a balear gañou por 6-0, logrou o ouro, e conseguiu o seu merecido doblete neste 2010 (sala e aire libre).
En recurvo masculino victoria para Antonio Fernández, en composto masculino, Jose Duo, e en composto feminino, Irene Cuesta.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios