Actividade do Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes nesta fin de semana

92

O clube de piragüismo local desprazouse nesta ocasión ata a localidade de Outes onde tiña unha dobre cita.Pola mañá participou na 2ª Regata Galega de alevíns onde tres dos seus compoñentes máis novos disfrutaron e disputaron a súa primeira competición, eles foron Brais Pico e Adrián Ramos na categoría de alevin A, e Alba Antúnez na categoría alevín B.
Brais rematou na posición 53ª e Adrian na posición 57ª na súa categoría, xa na categoría muller alevín B Alba acadou a 14ª posición, a todos eles noraboa por rematar a regata disputada nun circuito de 1500 metros.
Xa na xornada da tarde tocoulles o turnos os maiores,neste caso na mesma localidade disputaron a Travesía Nacional de Taxamar, nun recorrido pola ría de Muros-Noia de 13kms. representando ó Xuvenil palearon en C2 Hernán Fernández Blanco e Richar Estévez H. acadando a 4ª posición,en parte debido a rotura dunha das pezas de apoio da súa piragua, e en K2 Antonio Polo Campello e Carlos Pedreira Carneiro que acadaron novamente a 1º posición que xa ben sendo habitual nesta embarcación pero non por eso exenta de moitas dificultades, e que só se dilucidou no sprint final con outras dúas embarcacións de gran nivel.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios