Club de Montaña O Caxado

37

O vindeiro día 4 de Xullo, Domingo, vamos a celebrar a II Camiñada pola rota de sendeirismo das Fragas da Ribeira e do Lostegal. O camiño é o mesmo do ano pasado pero desta volta farémolo no outro sentido, os datos da rota van nos carteis e nos trípticos pero de todas maneiras adintovos que son 20 Km de unha dificultade media que se agrava un pouco, maís que polo desnivel ,polo piso do camiño que é bastante irregular e obriga a ir pendente do paso durante todo o recorrido.
Sairemos as 9 da maña do polideportivo municipal, asi que estade alí algo antes para recoller o dorsal e pagar a cota de inscricción, comenzaremos a entregalos as 8: 30.
O tempo para facer a rota está previsto dende as 3 h dos máis rapidos as 5 h dos últimos enchegar. Haberá dous avituallamentos, un na Carballeira(677m) para refrescar logo de subir a costa que vos levará á unha zona que é un mirador dende o que poderedes ver o val das Pontes co Lago da mina case cheo detras e máis ó fondo o Forgoselo, logo cara o norte a serra da Faladoira , seguido da serra da Carba co Xistral ó fondo e cara o sur logo de pasar por riba da brecha de Roupar que nos leva á Chaira vemos o comenzo da Serra da Loba que conecta cos montes de Aranga. No outro avituallamento, na zona de Malvís, teredes bebida, froita e froitos secos.
Podedes anotarvos no tf 654166777 ata o Xoves día 1 as 8 da tarde.
senderismo1.jpg


senderismo2.jpg
senderismo3.jpg
Nova cortesía de Chucho

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios