O K4 de Borja Prieto queda a un paso da final no Europeo de Avilés

139

O K4 1000 metros español composto polo pontés Borja Prieto, Emilio Llamedo, Rodrigo Germade e Diego Piña quedou a un paso de clasificarse pra a final tras acabar 4º na repesca na que calificaban os 3 primeiros.
Nas semifinais o kaiak español acabou 7º en unha regata na que calificaron Hungría, Alemania e Rumania. Na outra serie os que pasaron foron Eslovaquia, Chequia e Polonia.


Xa na repesca as tres embarcacións que obtiveron o billete pra a final foron Italia (2:59:50), Francia (2:59:75) e Gran Bretaña (3:00:27). España acabou 4º con 3:00:48, quedando eliminada xunto a Suecia, Bielorrusia, Ucrania e Rusia.
Nas series de hoxe España calificou a 8 embarcacións pra as finais, Craviotto-Perucho (K2 500), Merchán-Cosgaya (K2 1000), Jose Luis Bouza (C1 1000), Smidakova-Manchón (K2 1000), Javier Hernanz (K1 1000), María Corbera (K1 1000), Picallo-Oliveira (C2 1000) e Smidakova-Manchón-Molanes-Portela (K4 500).
Entre mañá e o domingo disputaranse as finais de 1000, 500 e 200 metros.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios