Os romeiros que acudan á Festa da Fraga poderán marcar as parcelas desde o día 8

47

[Diario de Ferrol] O Concello das Pontes abrirá o vindeiro xoves, día 8, o prazo para reservar unha parcela na que construír a súa cabana para a Romaría da Fraga, que terá lugar o 25 de xullo. Os interesados deben tamén inscribirse a partir do día 9 no Rexistro municipal, adxuntando unha fotocopia do DNI, os seus datos persoais e un teléfono de contacto. Realizado este trámite, cada responsable recibirá un número e un cartel para colocar nun lugar visible da construción, co fin de ter un maior control sobre os romeiros, as cabanas e a posterior limpeza do parque de Dona Rita.


O departamento de Seguridade Cidadá anunciou que se levarán a cabo dúas inspeccións antes da celebración da romaría para evitar que as cabanas non dispoñan de autorización. O consistorio trata así de evitar as excesivas apropiacións de espazo por parte dos grupos de romeiros e, á vez, protexer unha paraxe pontesa que non pode pagar o resto do ano as consecuencias de tres días de festa. O Concello fai un chamamento ó civismo e á responsabilidade de tódolos asistentes para que respecten o entorno da festa.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios