A PARROQUIA DE MIRAZ CELEBROU O SEU PATRÓN, SAN PEDRO

58

Esta fin de semana a parroquia xermadesa de Miraz honrou ó seu patrón, San Pedro. Os festexos patronais comezaron o sábado, 3 de xullo, con misa e procesión e de seguido a sesión vermú a cargo da orquestra Anduriña, que tamén actuou na verbena da noite xunto ó Dúo Eclipse, conxunto que repetiu actuación o domingo, xornada na que se volveron a celebrar as tradicionais misa e procesión coas imaxes de San Pedro, San Roque e a Virxe María.
festa_miraz_01.jpg


UNHA DESCRITIVA DA PARROQUIA DE MIRAZ
Miraz é unha das dez parroquias do concello de Xermade, que linda polo norte coa parroquia pontesa do Aparral, ó sur coa de Momán, ó leste con Cabreiros e Xermade e ó oeste coa de Piñeiro, da que é freguesía anexa. Ten 72 habitantes censados, aínda que só a metade viven na propia parroquia, repartidos nas aldeas da Vesura (7 habitantes), A Casa Grande (10), O Castiñeiro (10), Os Currás (12), A Igrexa (2), Os Miraces (4), A Pena (2), O Sagramón (4) e O Souto (21). En 1843 o Diccionario Madoz sinalaba que o seu clima era frío, pero bastante san e contaba con 21 veciños e 128 almas.
O seu pequeno territorio, duns dez quilómetros cadrados, é montañoso con alturas como O Tarrelo (602 metros) e A Pena Grande (601). Abundan frondosos bosques de carballos e castiñeiros e está regada polo río Tordexes, que desemboca no de Porto do Souto.
A igrexa parroquial conserva no testeiro da capela maior un retablo salomónico con tres fornelos na parte principal e un no ático, redondeado, sagrario de pilastras , expositor no oco central e pulseiras de ramaxe nos bordes. Son de feitura popular as tallas de San Pedro, co báculo e a tiara, as de San Roque, San Antonio de Padua e a da Virxe María.
Ó igual ca outras parroquias veciñas, en Miraz existen vestixios do período prehistórico, como as medoñas da Reigosa, preto do lugar dos Currás, e a da aldea da Casanova, nas que se acharon restos de cerámica.
Miraz, 4 de Xullo de 2010 (AF)
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
festa_miraz_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios