España consigue once preseas e Corea do Sur lidera o medalleiro nos Mundiais de Taekwondo disputados en Vigo

48

A delegación española obtivo 11 medallas, 2 bronces con sabor galego, nos Mundiais Universitarios de Taekwondo celebrados dende o mércores ata o domingo no Pavillón das Travesas de Vigo. Corenta e oito países participaron en esta undécima edición, nun torneo do máis alto nivel, pois as grandes potencias levaron ós seus mellores competidores.
O Mundial comezou coas probas de Pumse (exhibición) con un sensacional rendemento da delegación española que obtivo 5 metais nas cinco probas, ouro para Laura Kim e Mikel Martínez en individual, plata para ambos en parella mixta, e bronce en trío masculino (Mikel Martínez, Alex Elizalde, Jon Monreal) e trío feminino (as irmáns Patricia, Teresa e Emma Camino).
Taekwondo_01.jpg


Xa nos catro días de Kyorugi (combate) España conseguiu outras 6 medallas. Dúas de ouro, o catalán Joel González (-58kg) venceu ó brasileño Valeriano da Silva en semifinais (19-3) e ó ruso Ruslan Poiseev na final (14-1). Redondea unha tempada espectacular co Mundial e Europeo absoluto, Europeo sub21 e Mundial Universitario. A canaria Rosana Simón (+73kg) venceu en semifinais á coreana Lee Moon Ju (7-5) e na final á china Zhang Yongtong (8-3). Tamén consigue Mundial e Europeo Absoluto e Mundial Universitario. Ambos darán que falar en Londres 2012.
As platas correron a cargo do vasco Mikel Bernal (+87kg) que perdeu a súa final ante o poderoso cubano Robelis Despaigne (3-6), e a catalana Leire Matute (-73kg) que perdeu na última ronda contra a representante de China Taipei Chia Chia Chuang (0-7).
Os dous bronces tiveron sabor galego, o público vigués levou en volandas á coruñesa campiona de Europa Fani Hernández (-62kg) que caeu no combate de semifinais ante a coreana e posterior campiona Jun Sun Young (9-13). O Pavillón das Travesas veuse abaixo coa victoria do vigués Fernando Rascado (-80kg) en cuartos de final ante o estadounidense Thomas Lee (8-4). Xa cos deberes feitos e co bronce asegurado caeu en semis ante o iraní e posterior campión Rouhollah Talebikahangi (1-7).
As portas das medallas, quedaron, caendo nos cuartos de final, Beatriz Bravo (-46 kg), Cristina Sánchez (-49kg), David Coronel (-87 kg) e Leandro Jurado (-74 kg). En oitavos Gonzalo Franco (-54 kg), César Mari Puertas (-68 kg), Zulema Díaz (-57 kg), o coruñés Juan Fernández (-63kg), Noelia Ruiz (-67kg) e a boirense Rebeca Mariño (-53kg).
A delegación coreana liderou o medalleiro, seguida de España e China Taipei. A cidade coreana de Pocheon albergará os Mundiais en 2012.
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Taekwondo_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios