HOMENAXE DO CONCELLO DAS PONTES ÓS VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

46

Ó mediodía de onte o concello das Pontes rendeu unha homenaxe ós voluntarios do Servizo de Protección Civil da localidade.
O acto, que estivo presidido pola concelleira de Participación Cidadá e deputada provincial, Montserrat García, participaron a práctica totalidade do actual grupo de protección civil pontés, o cal leva funcionando na vila do Alto Eume dende hai máis de vinte anos, ademais do xefe da Policía Local, un representante da Garda Civil, varios membros do Corpo de Bombeiros da comarca do Eume e representantes de diversas asociacións da vila.
A concelleira desculpou a ausencia do alcalde por motivos de axenda en Santiago, aínda que o rexedor pontés chegou ó final do acto. Montserrat García realizou un breve resumo da historia da agrupación e fixo unha loanza á súa actuación voluntaria, altruísta e desinteresada ó longo destes máis de vinte anos de servizos prestados á sociedade pontesa.
Logo fixo entrega de diplomas a varios membros do grupo e impuxo a cada un deles unha insignia do concello das Pontes, ademais de entregar unha placa conmemorativa desta homenaxe ó xefe da agrupación, Roberto Domínguez, quen na súa breve intervención dixo que os voluntarios son unha parte máis de todo o organigrama do servizo de protección civil.
proteccion_civil_1.jpg


proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
proteccion_civil_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios