O PUB SILVER, DE XUVIA, GAÑADOR DO MARATÓN DE FÚTBOL SALA FESTAS DAS PONTES 2010

44

O conxunto de Xuvia, Pub Silver, proclamouse vencedor do maratón de fútbol sala que organizou o Club Esteo das Pontes e que contou coa participación de vinte e catro equipos de diversas localidades galegas.
Tódolos encontros disputáronse na pista do colexio Santa María. Ás semifinais chegaron Bar Tropicana, das Pontes, que gañou por penaltis a Construcións Esogal, de Ferrol, mentres que Pub Silver venceu por 3-1 a Leblanc, de Ferrol.
O encontro da final estivo moi disputado entre dous equipos que amosaron un bo fúrbol sala gañando o Pub Silver a Bar Tropicana por 4-3, aínda que a vitoria puido decantarse para calquera equipo. Moitos dos xogadores que participaron neste maratón forman parte dos planteis de equipos das ligas nacionais de fútbol sala das comarcas de Ferrolterra e Eume.
Javichu, porteiro do Esteo e nesta ocasión do Bar Tropicana, resultou gañador por partida dobre, como mellor porteiro e mellor xogador do torneo.
Ó final do torneo a concelleira de participación cidadá e deputada provincial, Montserrat García, e o presidente do Club Esteo, Francisco Fernández Fran, fixeron entrega dos trofeos ós gañadores.
maraton_1.jpg


maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
maraton_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios