EMOTIVO PREGÓN DAS FESTAS 2010 A CARGO DE CELSO ROCA, MANOLO VILABOY E DAVID ROCHELA

104

O edificio de Cultura Casa Dopeso, totalmente ateigado de público, viviu un dos pregóns das festas máis entrañable e máis emotivos dos últimos anos, xa que nel foron protagonistas tres ponteses que estiveron e están relacionados co mundo do fútbol, pois nesta ocasión o concello quixo render homenaxe ó fútbol da vila, e en concreto ó Club Deportivo As Pontes, entidade que o vindeiro mes de setembro cumprirá cincuenta anos de competición oficial participando de novo na Terceira División Nacional, categoría da que levaba ausente nove temporadas e na que militou en doce ocasións ademais de nove na Segunda División B.
Manolo Vilaboy e Celso Roca son dous históricos do fútbol pontés que se iniciaron no primeiro conxunto xuvenil do Calvo Sotelo na temporada 1961/62, permanecendo no Club ata o ano 1980. Tamén adestraron a equipos de base da entidade pontesa, ademais de Roca ó primeiro equipo e ó Santaballés no caso de Manolo Vilaboy.
Pola súa banda, David Rochela, un mozo de vinte anos, que se iniciou á idade de nove anos nos equipos de base do CD As Pontes marchando de moi novo para o Deportivo da Coruña, onde ten xa xogado en primeira división.
Por motivos profesionais non puido asistir o cuarto pregoeiro, Adrián López, quen ó mesmo que David Rochela iniciouse nos equipos do As Pontes marchando para o Deportivo coruñés ós catorce anos.
Os tres pregoeiros, ós que se lles notaban os nervios e a emoción nun acto tan entrañable e xa tradicional nas festas do verán pontesas, tiveron palabras de agradecemento para o Concello e o Club Deportivo As Pontes.
Sen embargo o momento máis emotivo do acto foi cando o alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, se referiu a Evaristo Puentes Durán, persoa que durante moitos anos foi a alma do Club de As Pontes, pois el era o coidador das instalacións do campo do Poboado, o encargado do material, o maxasista, o compostor, o que todo amañaba.
Nun intre da súa intervención, un tamén emocionado alcalde non puido rematar a frase cando se refería a Evaristo, quen, entre outras moitas cousas, lavaba a vestimenta dos xogadores nun cano que pasaba por detrás da vella tribuna. O numeroso público asistente rendeu unha calorosa ovación cando Evaristo subiu ó escenario a recoller o merecido recoñecemento de todo o pobo de As Pontes e do Club ó que tantos anos se adicou en corpo e alma.
Xaime Castro, actual presidente do Club, entregoulle unha placa e o alcalde impúxolle a insignia do concello.
O alcalde de As Pontes entregou a cada pregoeiro unha placa conmemorativa do acto e unha insignia do escudo do concello, así como un ramo de flores ás donas de Celso Roca, Manolo Vilaboy e Evaristo Puentes, ás nais de Adrián López e David Rochela, así como á avoa deste.
pregon_01.jpg


PREGÓN DE CELSO ROCA
Amigos, veciñas e veciños, síntome moi orgulloso e honrado de estar xunto con outras persoas participando no pregón das nosas festas. Quero agradecer ó Sr. Alcalde a oportunidade que me ofrece para darlle as grazas á miña familia polo tempo que me regalaron para dedicarllo ao que era a miña paixón, o fútbol.
Paixón que naceu vendo correr tras do balón no histórico Campo da Feira a xogadores ós que eu quería imitar, algún dos cales lembro con admiración, como Nené, os irmáns Cayetano, Cao, Galiana e Teruel, entre outros.
Máis tarde, nos anos 60, naceu o Calvo Sotelo, federouse e comezaron a chegar xogadores de Ferrol, Coruña, Lugo, Vilalba, Corcubión e tamén de fóra de Galicia. Todos axudaron na mellora do noso fútbol.
Quero lembrar ós presidentes Fernando Alarcón, Manuel Cabal e Constantino Parajón, ós directivos Rodolfo Yebra, Jesús Orejas, Rafael de Diego e Santiso; ós adestradores Vicente Rodríguez Cao, Moar, Malet e Franklin; ó maxasista, encargado do material e do campo, Evaristo Puentes e ó seu fillo o árbitro pontés Evaristo Puentes Leira.
Lembrar tamén a todos os que formamos o primeiro equipo de xuvenís de As Pontes nas tempadas 61 a 63. A todos os que formaron equipo comigo moitas tempadas, ós que tiven a honra de adestrar e aínda hoxe ma saúdan.
Quero facer unha lembranza especial para todos aqueles que xa non están con nós e lamentablemente son moitos.
Grazas especiais a Antón Ferreiro, por todo o tempo que adicas a deixar constancia escrita do fútbol pontés e dos que a el xogamos.
Á canteira quero dicirlle que os soños cúmprense, pero con SACRIFICIO, PERSEVERANZA E ADESTRAMENTO. Tedes como exemplo a Adrián López e David Rochela, entre outros. E pídovos que non olvidedes que o fútbol é un deporte de cabaleiros e non unha comedia do que hoxe lamentablemente hai moito.
E para acabar, grazas a ti FÚTBOL, que me permitiches coñecer a moita xente, facer amigos e levar con orgullo por toda Galicia o nome do meu POBO.
E a os presente “Bo día e Felices Festas”.
PREGÓN DE DAVID ROCHELA
Boas tardes e Felices Festas 2010 a todos
Aínda que moitos de vos me coñecedes, voume presentar: chámome David Rochela e nacín neste marabilloso pobo fai vinte anos. Xogo no Deportivo da Coruña, pero por encima de todo, as miñas raíces, amigos, familiares e demais están eiquí con todos vos.
É un orgullo e unha honra estar nestes momentos como invitado, xunto con Celso, Manolo e Adrián, presentando estas festas que dende sempre disfruto, con toda a xente que eu quero e onde todos somos unha gran familia.
As Pontes é un pobo do que todos debemos estar orgullosos, xa que nel calquera persoa, pequena ou maior, ten todas as facilidades para realizar diversas actividades, como practicar un deporte. Iso temos que agradecerllo ás distintas corporacións que tivemos, pois sempre foron conscientes de que o deporte é “Saúde”.
Dende aquí aproveito para darlle as grazas ó noso alcalde, Valentín Formoso, e a súa corporación pola súa preocupación en inculcar valores de deporte en todos nós. E agradecerlle tamén que se lembrase de invitarme a participar en numerosos actos organizados por eles, ós que sempre acudín encantado e agradecido.
E xa falando deste deporte que tanto disfruto, o fútbol, quero transmitir as miñas felicitacións e noraboa ó noso equipo polo recente ascenso á terceira división do fútbol galego. Aproveitando que é o 50 aniversario do Clube Deportivo As Pontes, o meu agradecemento persoal a todos os directivos, patrocinadores, adestradores, utilleiros, pais, nais, socios, que gracias á súa colaboración e esforzo, fixeron posible que moitisimos nenos puidésemos practicar este gran deporte. Que ademais de ser un xogo é unha boa escola para aprender valores: solidariedade, concienciación de grupo, compartir experiencias, facer amigos, asumir derrotas e saber reaccionar cando se gaña. O fútbol é toda unha escola da vida e está claro que es relacións e os amigos que se fan no fútbol perduran ó longo dos anos.
Isto sábeo o meu primeiro adestrador, Manolo Vilaboy. Xa que comparte comigo estes momentos, aproveito para darlle as grazas por todo o que nos transmitiu a todos nós cando eramos pequenos. Ensinounos moitísimas cousas a nivel futbolístico, pero, creo que os valores humanos que foi capaz de inculcarnos, teñen máis valor. Compromiso co equipo, respecto, tolerancia… El é capaz de transmitir todo iso e máis.
Recordo con moitísima emoción o día do meu debut. Eu tiña 9 anos e era benxamin de segundo ano, pero era a liga alevín da Ría. Levaba dous anos adestrando sen poder xogar, xa que por idade non podía. Lembro que era en Cedeira, saín no descanso cando o partido estaba 1-1 e rematamos gañando 1-3. Foi un día marabilloso.
Xogue catro tempadas nas filas do As Pontes ata que o Deportivo me chamou e esta a miña oitava tempada en terras coruñesas.
Bueno, non me quero estender moito. Podería falar de moitas cousas que me acercan a este gran Club, ó que sigo constantemente e do que son forofo número un.
Pero, volvendo o motivo principal desta xuntanza, invitarvos a todos a que disfrutedes destas festas do Carme 2010, nas que nos teñen preparadas moitas actuacións e actividades, para que todos poidamos pasar uns días de felicidade na compaña das nosas familias e amigos.
Invitar tamén a todo aquel que queira vir a disfrutalas con nós, xa que os acolleremos cos brazos abertos.
Grazas a todos por escoitarme e facerme sentir, se cabe, máis pontés que nunca.
Felices Festas e ata sempre.
PREGÓN DE MANOLO VILABOY
Señor alcalde, señores concelleiros, veciños e veciñas das Pontes,
Primeiro dicirvos que son unha persoa de poucas palabras e menos de discursos en público. Pídovos desculpas por elo e porque teña que ler estas palabras como un dos pregoeiros das festas deste ano.
Para min foi unha sorpresa cando me dixeron de que tiña que ser un dos pregoeiros das festas xunto a outros futbolistas ponteses, os da vella escola, como Celso e eu, e os do futuro como David Rochela e Adrián López, dous mozos que saíron da canteira pontesa e hoxe están xogando na primeira división.
Digo que foi unha sorpresa, pero acepteina con moita alegría e agradecemento, porque é bo que o deporte e os seus protagonistas tamén poden ter cabida nestes eventos, como é o pregón das nosas festas maiores.
Por iso, vaia por diante o meu agradecemento ó Concello, en especial ó alcalde, que pensase en nós, que xogamos durante anos no equipo da Vila, e os que están a xogar aínda, como David e Adrián, e ademais porque coincide co 50º aniversario do Club Deportivo As Pontes como club federado e o ascenso á terceira división despois de varios anos na preferente.
Amigos, como vos dixen antes, non son home de moitas palabras, pero, si quero lembrarme, neste bonito acto do pregón das festas, de xente que estivo comigo no mundo do fútbol en épocas máis difíciles ca hoxe en día, pero nas que practicabamos o deporte que nos gustaba, o fútbol, con moita ilusión e con gañas de facelo ben.
Quero lembrar a tódolos compañeiros que tiven ó longo da miña etapa de xogador e adestrador. Pero, especialmente quero lembrar ó señor RODOLFO YEBRA, xa que naqueles anos foi un dos promotores e un dos que máis apostou polo deporte en As Pontes, tanto polo atletismo como polo fútbol, sen esquecernos do remo, da natación, baloncesto, etc, deportes que os veciños das Pontes tiveron a oportunidade de ver nos anos sesenta, principalmente nas festas do Poboado.
Tamén quero recordar ó señor FRANKLIN, adestrador do Endesa (antes chamado Calvo Sotelo) e tamén adestrador meu. E como non, lembrarei a un querido compañeiro e amigo, TINO PARAJÓN, persoa moi querida en tódolos ámbitos, tanto a nivel persoal como a nivel deportivo, a quen tódolos que amamos o fútbol e ó Club As Pontes notamos, e moito, a súa ausencia, especialmente neste 50º aniversario e neste ascenso á terceira división, aínda que alá onde se atope seguro que estará gozando do éxito do seu equipo.
Veciños e veciñas, ponteses que voltades á vila que vos veu nacer, forasteiros que nos visitades nestes días, quero rematar este humilde pregón desexándolle ó Club As Pontes e a estes compañeiros meus de pregón, David e Adrián, os mellores éxitos no futuro, que estou seguro van alcanzar.
A todos vós, moita felicidade e ledicia nestas datas nas que nos atopamos con vellos coñecidos e nos lembramos daqueles que nos deixaron.
Que pasedes unhas boas festas do Carme e da Fraga. Que a festa troule en sa alegría e convivencia.
Moitas grazas.
As Pontes, Pregón das Festas do Carme e A Fraga 2010
As Pontes, 16 de Xullo de 2010 (AF)
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
pregon_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios