X SEVEN INTERNACIONAL DE RUGBY VILA DE AS PONTES

73

Preto de douscentos xogadores chegados de equipos de todo o estado, e de Portugal contenderon na décima edición do Seven Vila de As Pontes que un ano máis organizou o Club Rugby Fendetestas.
Participaron o Camelias de Vigo, Almallo de Ferrol, Lalín, CRAT da Coruña, Belenos de Avilés, CRAV Arcos de Valdevez (Portugal), Zalaeta da Coruña, Pementos de Santiago, Os Ingleses de Vilagarcía de Arousa, CRAT B da Coruña, WTM de Alcobendas (Madrid) e o organizador, Fendetestas de As Pontes.
Os ponteses non puideron revalidar o bo papel do ano pasado, no que foran subcampións da copa de ouro e tiveron que conformarse con disputar a de bronce. Nesta categoría chegaron á final, na que caían co Arquitectura coruñés por 22- 14.
O gañador absoluto do torneo foi o Pementos, de Santiago, que recuperou a si un título co que xa se fixera noutras dúas ocasións sendo a última vez no 2006.
x_seven_rugby_01.jpg


O Pementos é unha selección de xogadores, de clubs de todo o estado, especialistas nesta modalidade de rugby a sete sendo uns dos grandes dominadores desta especialidade de rugby olímpica. Na final derrotaron ó CRAT da Coruña por 12- 0.
A copa de prata foi para os avilesinos do Belenos, que derrotaron na súa final ó novo primeira división portugués Arcos de Valdevez, por 24- 17.
A culler de madeira, que se outorga ó equipo que no gaña ningún encontro, foi para o Zalaeta da Coruña.
Tamén se celebrou unha competición de drops na que o vencedor foi o asturiano Jusko, que inscribe por primeira vez o seu nome neste premio sucedendo ó chileno Sini, que se fixera coa última edición.
O Trofeo pontés volvía a ser recoñecido coma a máxima referencia galega neste tipo de competicións, conseguíndose este ano sobrepoñerse á coincidencia co prestixioso trofeo internacional de Figueira da Foz, en Portugal, no que estiveron algúns dos habituais do torneo pontés, pero que se viron compensados coa entrada doutros como o Lalín ou Alcobendas, que se estreaban neste xa veterano torneo de As Pontes.
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
x_seven_rugby_01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios