A ROMARÍA DA FRAGA

119

No ano 1904 por iniciativa do entón xuíz de Paz, Manuel Fernández Vidal, a celebración das festas prolongouse un día máis para celebrar o patrón pequeno o festivo seguinte, que nese ano foi o 25 de xullo.
O lugar elixido foi unha finca dunhas oitenta áreas de superficie, situada nunha volta do río Eume preto da Areosa, poboada de carballos e outras árbores pequenas. A finca, coñecida como a Illa da Ramalleira, era propiedade de Sergio Rivera Chao e estaba totalmente rodeada polo río Eume, polo que os romeiros tiñan que achegarse a ela a través dunha pequena ponte..
A partir desa data e ata 1948 os ponteses e visitantes ían de romaría a esta paraxe na popularmente chamada Festa da Isla, nome que aínda os veciños seguían empregando cando xa se celebraba na actual fraga.
A-Fraga-2007-1.jpg


Debido á construción da presa da central da Calvo Sotelo en 1948, que anegou a pequena illa, os veciños tiveron que cambiar de lugar, elixindo unha finca no barrio do Barreiro, propiedade de Rita Cabarcos Durán, que fora mestra na escola de As Pontes.
Esta fraga foi o lugar escollido para celebrar o día de Santiago para que os veciños seguisen gozando desta xira campestre. Dende 1950 vense celebrando nesta fermosa paraxe natural á beira do río Eume, entre os poboados da Fraga e do Barreiro. Aínda que en tempos recentes foi ampliada con outro terreo xa convertido en fraga hoxe , a veces quédase pequena, polo que as merendas e cabanas fanse tamén á outra beira do Eume, en fincas da Cuíña.
Ata 1966 o baile remataba ó solpor e a verbena celebrábase na praza do Hospital. Había concursos de cabanas, empanadas, tortillas e traxes típicos e a música popular e tradicional amenizaba as merendas dos numerosos romeiros que enchían completamente a Fraga de Dona Rita e fincas dos arredores.
A finca fora doada polo seu propietario, pero, ó falecer sen escriturar a doazón, o concello veuse na obriga de mercala ós seus propietarios por 725.000 pesetas a principios dos anos setenta do século pasado.
Ata hai uns vinte anos as merendas eran case todas ó descuberto, agás unhas típicas cabanas feitas por grupos de romeiros. Hoxe en día aquel espírito aberto de veciñanza na festa foise perdendo co paso dos anos coa construción de “cabanas”, por dicilo dalgunha maneira, totalmente pechadas e cubertas de plástico que afean esta típica romaría con máis de cen anos de historia, declarada de interese turístico.
Festa da Fraga 2010 (AF)
A-Fraga-2007-1.jpg
A-Fraga-2007-1.jpg
A-Fraga-2007-1.jpg
A-Fraga-2007-1.jpg
A-Fraga-2007-1.jpg
A-Fraga-2007-1.jpg
A-Fraga-2007-1.jpg
A-Fraga-2007-1.jpg
A-Fraga-2009.jpg
A-Fraga-2009.jpg
A-Fraga-2009.jpg
A-Fraga-2009.jpg
A-Fraga-2009.jpg
A-Fraga-2009.jpg
A-Fraga-2009.jpg
Nova cortesía de A.F (fotos dos anos 2007 e 2009).

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios