Gema Buitrón conclúe 41º nas calificatorias da Copa do Mundo de Estados Unidos

32

A arqueira pontesa Gema Buitrón ven de conseguir hai uns minutos a 41º posición na rolda calificatoria da penúltima proba da Copa do Mundo que se está disputando en Ogden no Estado norteamericano de Utah.
Gema obtivo 621 puntos, por 638 dunha inmensa Magali Foulón (22º) e 575 da junior Helena Fernández, que concluiu 66º e non puido pasar á rolda final.


As coreanas Moon Jung Kim (668), Ok Hee Yun (665) e Bo Bae Yi (665) coparon as 3 primeiras plazas.
Por equipos España clasificaouse pra a rolda oitavos de final coa 14º mellor marca con 1834 puntos. Lideraron Corea do Sur (1994), China (1936) e China Taipei (1926).
Tamén se clasificou España pra a rolda final en recurvo mixto coa 14º mellor marca con 1283 puntos, ainda que neste caso serán Foulón e Daniel Morillo ós que representen á delegacíón estatal ó obter as mellores marcas españolas nas súas respectivas categorías.
Pola tarde (en EEUU) levaranse a cabo as probas mixtas, mañá as eliminatorias individuais, e o venres as eliminatorias por equipos, pra rematar o sábado con todas as finais na loita polas medallas.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios