COPA DEPUTACIÓN: O AS PONTES ELIMINADO NA PRIMEIRA RONDA POR UN SUPERIOR E MÁIS EFICAZ NARÓN (1-2)

39

Por terceiro ano consecutivo o As Pontes caeu eliminado ás primeiras de cambio na copa Deputación da Coruña ó perder onte no Poboado diante do Narón BP Piñeiros por 1-2. Boa entrada no campo pontés con máis de douscentos espectadores nas gradas, con notable presenza se seguidores naroneses.
O encontro comezou con certa igualdade por parte dos dous equipos, pero, pouco a pouco o Narón foise facendo dono do xogo e antes do primeiro cuarto de hora Iñaki xa tivo a primeira ocasión para marcar, pero o seu disparo foise ó poste esquerdo da portería de Simón e no minuto 26 Mella tivo outra boa ocasión para marcar. O As Pontes apenas inquietou a portería visitante.
Na segunda parte houbo máis intensidade no xogo, deixándose ver unha mellor posición dos naroneses ante un As Pontes que xogaba cunha marcha menos. Bossa e Felipe Varela tiveron boas oportunidades para adiantar ó seu equipo, mentres que o veterano Juanito mandou un forte disparo que Simón desviou a córner. Sería o pequeno Dieguito quen marcaría o primeiro gol no minuto 75. Tres minutos máis tarde un monumental erro da defensa local propiciou o segundo tanto visitante materializado por Marcos Novo, gol que practicamente sentenciaba a eliminatoria.
A partir de aí foi cando o As Pontes acelerou a marcha acosando con intensidade a portería do Narón o que lle supuxo acurtar distancias no marcador por obra de Felipe Varela logo dun bonito pase de Carba e finalmente un remate de cabeza puido significar o empate xa no tempo de desconto, rematando o encontro con vitoria xusta e merecida dun Narón superior e máis eficaz, destacando o labor dos veteranos Juanito e Mella e do pequeno Dieguito, xogador que ó longo do partido trouxo en xaque á defensa pontesa.
copa_deputacion_0001.jpg


FICHA TÉCNICA
CCD AS PONTES: Simón, Rivas (Esmorís, 46), Jordi (Juan, 46), Schuster, Chote, Dani (Pablo, 66), Carba, Diego Piñeiro (Rochela, 41), Felipe Varela, David Vidal e Javi López (Bossa, 46).
NARÓN BP PIÑEIROS: Iñaqui, Juanchu (Chino, 55), Jorge Pérez, Rubén, Chis (Jorge Nano, 60), Carlocho, Juanito, Mella (Seco, 70), Iñaki (Marcos Novo, 69), Dieguito e David.
ÁRBITRO: García Villaverde, da delegación de Ferrol. Amosou tarxeta amarela a David Vidal, do As Pontes, e Iñaqui, do Narón.
GOLES: Minuto 75 (0-1), Dieguito. Minuto 78 (0-2), Marcos Novo. Minuto 89 (1-2), Felipe Varela.
CAMPO: Campo de Deportes do Poboado (200 espectadores).
copa_deputacion_0001.jpg
copa_deputacion_0001.jpg
copa_deputacion_0001.jpg
copa_deputacion_0001.jpg
copa_deputacion_0001.jpg
copa_deputacion_0001.jpg
copa_deputacion_0001.jpg
copa_deputacion_0001.jpg
copa_deputacion_0001.jpg
copa_deputacion_0001.jpg
copa_deputacion_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios