España acaba 8º na competición por equipos

86

gemma.jpgA selección española de recurvo feminino formada por Buitrón, Foulón e Fernández deu a gran sorpresa nos oitavos de final da Copa do Mundo de Estados Unidos tras gañar as representantes de China Taipei por 215 a 214. Pero pouco durou a alegría porque na rolda de cuartos de final o gran equipo da India gañou contundentemente por 218 a 182, acabando o cadro estatal na 8º posición. Bronce para China que derrotou a Mongolia por 222 a 200, e mañá loitarán polo ouro Corea do Sur e India.
Na competición de recurvo masculino a selección española formada por Elías Cuesta, Daniel Morillo y Andrés Gómez caeu na primeira rolda ante China por 223 a 210, e acabou en 14º posición. Bronce para Corea que gañou a Italia 220-219. Polo ouro China contra Estados Unidos.
Na xornada de mañá disputaranse todas as finais, as individuais de recurvo tanto masculino coma feminino estarán copadas por coreanos, en composto masculino o salvadoreño Jiménez e o estadounidense Gellenthien xogaranse o ouro, en composto feminino a francesa Vandionat contra a canadiense Jones. En recurvo mixto Corea contra Gran Bretaña e en Composto mixto Estados Unidos contra Rusia.
No que queda de 2010, a federación española de tiro con arco fará diversos controis selectivos en Agosto, Setembro e Outubro no que se perfilarán as tres arqueiras que representarán a España nas competicións internacionais do 2011, e sobre todo con vistas ós Xogos Olímpicos de Londres 2012. En principio as arqueiras con máis posibilidasdes son Magali Foulón, Gema, Helena Fernández, Iria Grandal e Irene Delgado. Non entrará na poxa a gran Beatriz Cabrero pola grave lesión que a mantén alonxada dos campos de tiro desde a tempada pasada.


Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios