GRAÑAS DO SOR HONROU Ó SEU PATRÓN, SAN MAMEDE

905

As Grañas do Sor, parroquia de Mañón que linda coa pontesa do Freixo, celebrou esta fin de semana a festa do seu patrón, San Mamede, evento que estivo organizado pola Comunidade Grañesa.
Dende hai uns anos esta asociación das Grañas do Sor celebra cada ano unha das súas festas. O pasado ano correspondeulle a San Antón no mes de xuño, este ano estivo adicado a San Mamede, o patrón da parroquia, e o vindeiro ano os grañeses celebrarán a festividade da Nosa Señora do Rosario, popularmente chamada a Festa de Outono.
Os festexos deste ano, adicados ó patrón San Mamede, comezaron o sábado con bombas de palenque anunciando as festas. Ó mediodía houbo misa, procesión e sesión vermú a cargo do Trío Lembranza e á noite verbena coa orquestra Costa Oeste e o mencionado Trío Lembranza. Na xornada do domingo a misa estivo acompañada co Coro das Grañas, seguida de procesión e sesión vermú e verbena coa agrupación musical American Stop.
Granas-do-Sor-2010-01.jpg


A PARROQUIA DAS GRAÑAS DO SOR
As Grañas do Sor é a parroquia máis ó sur do concello de Mañón. Está entre as cumes da Serra Faladoira e o río Sor. O seu territorio está dividido, dende moi antigo, en tres “Cadrillas”, delimitadas por regos, de sur a norte, Cadrilla de Riba, Cadrilla do Medio e Cadrilla de Abaixo. Ten unha superficie de 33 km2, o que representa o 40% do concello, e 199 habitantes (censo de 2009) repartidos en 23 aldeas, sendo as máis habitadas as de Rediz e Currodeguas, con 25 habitantes; Casateites, con 23; Insua, con 21; Castiñeiras, con 19; Aguieira, con 13, e Os Castros e O Rosario, con 10 habitantes.
A súa igrexa parroquial (restaurada xunto ó seu entorno entre os anos 1993 e 2000) ten planta de cruz latina, tendo no seu brazo maior 41 metros de longo. Hai documentos da metade do século XVII da existencia desta igrexa atendida polos frades de San Bernardo, que dependían do mosteiro de Meira e se rexían pola orde do Císter.
Na descrición desta parroquia no dicionario Madoz (1845) dicíase das Grañas do Sor que era “un parage quebrado con buena ventilación y clima frío, pero sano: cuenta con 263 casas en tres grupos denominados, Cuadrilla de Abajo, de Arriba y de En medio. La iglesia parroquial es única y su curato de entrada y patronato real… Hai fuentes de buen agua y le baña el mencionado río Sor. El término participa de monte y llano, aquel poco poblado y este de mediana calidad. Los caminos vecinales y mal cuidados y el correo se recibe por la capital del partido. Produce centeno, avena, maiz y patatas; cría ganado vacuno, lanar, caballar y mular; se cazan liebres, perdices, corzos y lobos, y disfruta de la pesca que proporciona el río Sor. Industria: la agrícola, algunos telares de lienzos y estopilla y 8 molinos harineros. Celebra feria el primer domingo de cada mes, aunque poco concurrida. Población: 264 vecinos. Almas, 1.276. contribución, con su ayuntamiento”.
Persoeiros das Grañas do Sor foron Teolindo Soto y Barro, nado en 1848, que estudou Dereito en Santiago, foi senador por Pontevedra e deputado en Cortes por Lugo. Fundou a Academia Compsotelá de Xurisprudencia e o Círculo das Artes de Lugo. Foi colaborador do rei Alfonso XII. Unha filla súa foi a nai do coñecido actor francés Louis de Funes.
Outro grañés ilustre foi Lino Novás Calvo, un dos mestres da narrativa de contos do século XX. Naceu en 1903 no lugar de Pesegueiro. Emigrou de moi novo a Cuba e logo exiliase en Estados Unidos en 1960, falecendo en New York en 1983. A súa obra narrativa está recollida en oito libros publicados en diversos países.
Outro persoeiro nado nas Grañas do Sor foi o célebre Mamed Casanova, coñecido como “Toribio”, un dos “bandidos” máis coñecidos de principios do século XX, nado no lugar de Portobello en 1882 e que mantivo en xaque á Garda Civil ata que un día foi traizoado polo cura do Freixo e detido en 1902. Estivo en varias cárceres e saíu en liberdade en 1928 regresando ás Grañas disfrazado de esmoleiro. Foi visto na Coruña e outros dixeron que polas Rías Baixas, pero non se sabe onde nin cando morreu. Mamed Casanova “Toribio” foi protagonista de novelas e contos de diversos autores e a súa historia era contada nas feiras en coplas de cegos.
O CONCELLO DE MAÑÓN
O concello de Mañón está situado na parte nororiental da provincia da Coruña, no límite coa de Lugo. Pertence á comarcal do Ortegal e pódese dicir que é o dominio do Sor, xa que este río, que nace na parroquia do Freixo, recorre de sur a norte debuxando un profundo, sinuoso e frondoso val que contrasta coas agrestes montañas da Serra Faladoira e da Coriscada que fan de límite natural con Ortigueira.
O concello presenta unha configuración xeográfica alongada, cunha anchura media de 3.500 metros e unha lonxitude de 27,5 quilómetros, atopándose no seu extremo a Estaca de Bares, o punto máis setentrional de España e onde se xuntan as augas do Atlántico e o Cantábrico, declarado como Lugar de Interese Nacional e de Importancia Comunitaria, por ser un ecosistema protexido.
Os cumes máis elevados son o Alto da Faladoira (601 metros), o Pico da Coriscada (523 m) e xa nas parroquias máis ó norte, a Penamoura (331 metros) e o Pico Maeda (331 metros), un dos miradoiros máis belos da costa galega.
En canto a súa hidrografía hai que sinalar con letras maiúsculas ó río Sor, a alma deste concello que leva como distintivo o lema de “Concello de Mañón, serra, río e mar”, facendo referencia ás altas montañas da Faladoira e da Coriscada, ó seu río por excelencia e ó mar que bordea a península de Bares e o pintoresco Porto do Barqueiro.
Este emblemático río é o resultado da unión dos ríos de Tras da Serra, que nace nas terras altas do Freixo, do rego de Santar procedente da Gañidoira, o Escandada, que nace na Faladoira, e do rego da Bouza con orixe nos Candedos, parroquia do Freixo.
Cunha superficie de 82,100 quilómetros cadrados, Mañón conta con 1.622 habitantes, repartidos nas súas cinco parroquias, Bares (206 habitantes), Mogor (771), Ribeiras do Sor (186), Mañón (260) e Grañas do Sor ((199). Os lugares máis habitados son os do Porto do Barqueiro, a actual capital municipal (562 habitantes), na parroquia de Mogor; Ribeiras do Sor (143 habitantes); Porto de Bares (106); Vila de Bares (91); Freitido de Arriba, en Mañón (58); San Fiz, en Mogor (52), e Mogor (42 habitantes).
DESCRICIÓN HISTÓRICA DE MAÑÓN
A historia deste concello comeza cos poboadores prehistóricos. Logo, segundo algúns historiadores, foi poboado polos fenicios, como parece demostrar o espigón de Bares e os restos arqueolóxicos das mámoas de Bares. Tamén estiveron nestes lares os romanos, pois hai restos dunha necrópole situada no lugar de Cancela da Coxa de Arcos.
Sen embargo a primeira constancia escrita data do ano 916 nun documento no que se concede ó bispo de Mondoñedo o señorío de Bares e un mosteiro da parroquia de Mogor. Todos estes antecedentes fan supoñer que este porto tivo en épocas antigas máis importancia que no presente.
Hai que facer unha especial mención ás igrexas parroquiais, destacando pola súa rusticidade e a súa integración no seu entorno, as de San Cristovo de Ribeiras do Sor, a de Santa María de Mañón e a de San Mamede das Grañas do Sor.
Hai más de século e medio dicíase de Mañón que era un concello da provincia da Coruña, diocese de Mondoñedo, partido xudicial de Santa Marta de Ortigueira, distrito do Barqueiro e do departamento marítimo de Ferrol, que gozaba dun clima temperado e san, dividido nas actuais cinco parroquias, con 1.075 casas, 1.032 veciños e 4.909 habitantes. Tiña unha escola de instrución primaria á que ían 38 nenos e 11 nenas. O presuposto municipal era de 4.400 reais cuberto polos propios veciños. Estaba gobernado por un alcalde, un tenente, oito rexedores (actuais concelleiros), un síndico, sete suplentes e cinco alcaldes pedáneos (un por cada parroquia). Tiñan dereito ó voto 426 electores, cinco con capacidade legal e 421 por seren contribuíntes, e podían ser elixidos 412 habitantes do total de 4.909.
As Grañas do Sor, 15 de agosto de 2010 (AF)
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Granas-do-Sor-2010-01.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios