Ismael Veiga finaliza cuarto, e primeio junior, na proba de Super Cross de Gondomar

36

O piloto pontés do Maceira Sport, Ismael Veiga Balseiro, finalizou na 4º posición na proba disputada esta fin de semana en Morgadáns.
Comezou Ismael cun 13º posto na primeira manga, pero un sensacional triunfo na segunda aupouno á 4º posto final senior con 28 puntos, tras Juan Fernández (45), Marcos Fernández (29) e David Lorente (29).
Sen embargo foi o mellor da súa categoría junior cos 28 puntos por diante de Francisco Vilaboa (24) e Erick Vázquez (20).


Na clasificación xeral de Super Cross é lider Adrián Garrido con 200 puntos, 2º Marcos Fernández con 122, terceiro e mellor junior Francisco Vilaboa con 120 puntos, e 4º Ismael con 106. As dúas últimas probas serán en Val do Dubra e Carral os vindeiros fins de semana.
En Moto Cross, na categoría junior é lider Francisco Vilaboa con 118 puntos, Erick Vázquez é segundo con 90, e Ismael terceiro con 84, quedando por disputar a proba de Carballo o vindeiro 10 de outubro.
Na proba de Gondomar en Alevin venceu Joel Antón, en Cadete-Xuvenil Rubén Fernández, e en Promocion-Veteráns Marc Martínez.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios