O K4 español de Borja Prieto é 14º e estará o sábado na Final B

30

Vintesete embarcacións se daban cita nos cuartos de final do K4 1000 metros dos Mundiais que comezaban esta mañá en Poznan.
Das tres regatas saian tres finalistas directos, a potencia Alemaña, os xeniais bielorrusos, e uns sorprendentes franceses que se colaban directamente na final co mellor tempo de todos os participantes, 2:54:207. O K4 español remataba 6º e clasificabase para as semifinais con 3:02:263.


Os tres primeiros das dúas regatas semifinais accedían á final dos 9 mellores, Rumania, Italia e Polonia por unha banda e Rusia, Australia e Chequia pola outra. O K4 español volvía a ser sexto, nesta ocasión con 2:58:933, o quinto mellor rexistro dos non finalistas.
Unha final B que sen embargo terá o seu nivel pois nela estarán a potencia Hungría e os brillantes eslovacos, sorprendentemente fora da final A, tamén Gran Bretaña, Nova Zelanda, Canadá, Arxentina, Sudáfrica, Kazakstán, ademáis de España.
O K4 español de Borja, 28, Diego Piña, 24, Emilio Llamedo, 22, e Rodrigo Germade, 20, tentará seguir collendo experiencia para o seu gran obxectivo, Londres 2012.
Sen embargo o pouco tempo de competición e adestramentos xuntos das embarcacións españolas pesou moito nesta primeira xornada en beneficio dos países que levan meses cos barcos definidos e acoplados.
Asi, o talentoso David Cal foi o único en clasificarse para as finais en 1000 metros, in extremis coa 7º mellor marca dos 9 finalistas, caeron os campións mundiais do ano pasado, Merchán-Cosgaya, 13º en K2 1000, tamén foi decimoterceiro en K1 1000 Javier Hernanz, 17º Bouza-Mascato en C2 1000 e Ana Varela que foi 20º en K1 1000 metros.
Nas vindeiras xornadas serán as finais en 1000 metros e comezarán os 500 e 200 con esperanzas de medalla para Teresa Portela e, sobre todo, para os dous grandes, Perucho-Craviotto.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios