Nota de prensa BNG: O PSOE ESTUDOU ABANDONAR PENAPURREIRA E DESENVOLVER SOLO INDUSTRIAL NOUTRA SITUACIÓN

55

En xaneiro aprobou un gasto de case que 21.000 € nun informe que facía a proposta duns terreos no límite co concello de Xermade.
As Pontes, 20 de agosto de 2010.- Na Xunta de Goberno do 22 de xaneiro de 2010 o goberno municipal do PSOE aprobaba un gasto de 20.950 € para contratar a redacción dun informe que foi entregado, segundo a súa portada, en xullo de 2008 (?).
industrial.jpg


No estudo, e en referencia á ampliación de Penapurreira, afírmase ter celebrada unha reunión (23 de xuño) cos técnicos do Servizo Provincial de Urbanismo da Xunta –que terán que informar o novo plan de Penapurreira en trámite- na que se chegou á seguinte conclusión: “Con carácter xeral, se considera que a configuración topográfica non é adecuada para unha implantación industrial dados os desniveis e fortes pendentes existentes, que xerarían uns movementos de terras moi significativos”.
A superficie alternativa proposta no informe está localizada, na súa maioría, en solo rústico, preto do polígono dos Airíos, no límite con Xermade, e nela están os núcleos do Candedo, Cabeza dos Fornos e Casa Ermas.
Para o BNG, a actuación do PSOE é un exemplo máis –un dos moitos- da súa política errática: gastou uns 2 millóns de euros –dos que parte son dun préstamo- na compra de terreos en Penapurreira, nunha superficie que ten que pagar e desenvolver o Ministerio de Industria, pero tamén ten un estudo que propón, de acordo coa Xunta, ….. ¡¡cambiala de sitio!!.
A situación actual é que a nova ampliación de Penapurreira está sen facer.
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios