Nota de prensa BNG: O PSOE CAMBIA POR SEGUNDA VEZ O LISTADO DE PROXETOS DO BIENIO 2006-2007 DO PLAN DO CARBÓN

45

Namentres, Asturias emprega a 580 persoas na execución de infraestruturas cun investimento dos fondos mineiros superior aos 309 millóns de euros.
As Pontes, 21 de agosto de 2010.- Coa distribución dos cartos da anualidade 2010 do Plano de Carbón, a débeda do Ministerio de Industria do PSOE co Concello das Pontes, tamén do PSOE, ascende a case que 40 millóns de euros, cando noutras partes do Estado van aprobados máis de 500.
Diante do manifesto tratamento negativo –outro máis- da Galiza e do noso concello, a actitude descontrolada do goberno municipal do PSOE xunto co despiste da Xunta do PP non están a axudar.
En abril de 2008, o PSOE modificaba a proposta de obras a incluír no bienio 2006-2007, cambiando a depuradora polo saneamento do polígono de Penapurreira (non incluído no proxeto da Xunta), por un importe superior aos 2 millóns de euros, ademáis de eliminar, entre outros, os treitos do paseo do río Eume Os Chaos-ponte de Isabel II e ponte dos Ferros-Perfolla, non recuperados.
Despois de dous anos, en xullo, o PSOE da marcha atrás e elimina o saneamento de Penapurreira coa finalidade de sumar os seus fondos a unha partida para polígono dos Airíos correspondente ao bienio 2008-2009.
E mentres o paro aumenta, pechan empresas, máis expedientes de regulación, …, e non toda a culpa é da crise global.
Asemblea Local do BNG das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios