O K4 español de Borja Prieto finaliza 5º na Final B. Francia sorprende e Bouza da a España a primeira medalla

152

O K4 1000 español integrado polo pontés Borja Prieto Valera, Rodrigo Germade, Emilio LLamedo e Diego Piña foi esta mañá 5º na Final B e polo tanto 14º na clasificación final dos Mundials de Piraguismo que se están disputando na cidade polaca de Poznan.
Final B que foi gañada por Eslovaquia, Hungría segunda, e logo Gran Bretaña, Arxentina e España cun tempo de 3:02:817. Por detrás quedaron Nova Zelanda, Sudáfrica, Canadá e Kazakstán.
borja_prieto.jpg


Borja defrontará o fin de semana que ven o peche da temporada cos Campionatos de España que se levarán a cabo en Verducido e nos que partirá sen dúbida entre os favoritos.
Na final do K4 arrasou a selección francesa (Hybois, Hubert, Jouve, Colin) que gañou cun tempo de 2:54:103, por diante da xenial Bielorrusia e uns sorprendentes checos. De feito Hubert e Jouve apenas 2 horas despois de colgarse o ouro clasificaronse para a final do K2 200 coa mellor marca.
A xornada comezaba cun 4º posto de David Cal en C1 1000 que quedou a escasos centímetros do bronce, e o C4 1000 español integrado por Campos-Ramos-Sánchez e o pontedeumés Picallo foi 9º na súa final.
Xa nas series de 200, clasificaronse para a final, como non, Teresa Portela en K1, Perucho-Craviotto en k2, Manchón-Smidakova (K2) e un sensacional Pablo Andrés que se clasificou para a final do K1. Maquieira-Domínguez foron 13º en C2 e o canoista do Firrete André Oliveira foi 17º en C1.
Xa na xornada de tarde, o galego Jose Luis Bouza outorgou o primeiro metal á delegación estatal despois de conseguir a plata en C1 5000 metros tras quedar por detrás do alemán Ronald Verch, e por diante do eslovaco Marian Ostrcil. Ana Varela e Iván Alonso foron 10º en K1 5000.
Mañá serán as finais de 500 e 200.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios