XXII festa do Requeixo

87

22-festaREQUEIXO-2010-mini.jpgO vindeiro domingo 29 de agosto, celebrase na Capela a 22 edición da Festa do Requeixo, na que, amais de degustar o afamado Requeixo da Capela, dende hai uns anos xa comercializado, poderemos pasar un día disfrutando da boa música galega. O centro do cartel deste ano será para o grupo LUAR NA LUBRE, que actuará a partir das 21,30 h., pero antes, contaremos cunha importante presenza de músicos de As Pontes, representados por ALFAIA, que actuará a partir das 17 h., e de MUXAREGA, que o fará a partir das 19 h. Tamén, a continuación do Pregón da Festa a cargo este ano de BENIGNO CAMPOS, do programa da TVG “Larpeiros”, actuará a banda de música “SANTIAGO” de Arteixo, ás 13 h.
Exposicións, paseos turisticos, etc. completarán unha xornada que esperamos sexa do agrado de todos.


22-festaREQUEIXO-2010.jpg
Nova cortesía de Jose Manuel Corral

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios