BORJA PRIETO CONSIGUE CATRO MEDALLAS NAS PROBAS DE 1000 E 500 METROS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA

94

Un pletórico Borja Prieto Valera conseguiu no día de hoxe nada máis nin nada menos que 4 medallas nos Campionatos de España que se están a celebrar no embalse de Pontillón, en Verducido (Pontevedra).
O primeiro metal chegaba na proba de K1 1000 metros, bronce, tras o 4º clasificado nos Europeos, o asturiano Javier Hernanz (3:33:70), o bañezano Jose Julián Becerro (3:34:63). Borja entrou cun tempo de 3:37:05.
No K4 1000 metros o palista pontés e os seus compañeiros Acuña, Portela e Craviotto (2:56:34) quedaron segundos a 25 milésimas do ouro que se levou o Kayak Tudense de Diego Piña, Iván Alonso, Jovino González e Víctor Rodríguez (2:56:32). Terceiro foi o Talavera.
borja_prieto.jpg


Xa na xornada de tarde de novo Borja volveu ser bronce no K1 500 metros, por detrás do campión mundial de relevos o asturiano Fran Llera (1:39:38), segundo Hernanz (1:40:22), terceiro Borja (1:40:40).
A única proba na que hoxe o plaista pontés non conseguiu medalla foi no K2 500, onde xunto ó campión mundial en 2002 Jaime Acuña ó ver que non conseguían metal deixaronse levar para reservarse para o K4 e concluiron na 8º posición final, nunha proba gañada polo campión olímpico Perucho máis o xove Germade, plata para Llera-Fiuza, bronce para Vindel-Baños.
O colofón á xornada chegou no K4 500 coa victoria de Borja-David Portela-Saúl Craviotto e Jaime Acuña cun tempo de 1:22:81, por diante de Aldán (Perucho-Germade-Tiebo-Dono-1:23:23) e Tudense (Jovino-Piña-Ardit-Rodriguez-1:23:51).
Mañá Borja competirá nas distancias de 200 metros, en K1, K2 e K4.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios