ISMAEL VEIGA CAMPIÓN GALEGO JUNIOR DE SUPERCROSS

149

O piloto pontés Ismael Veiga Balseiro conseguiu esta fin de semana en Carral o Campionato Galego Junior de Super Cross e suma o seu decimoquinto título galego.
Tras quedar 5º e 6º nas dúas mangas gañadas polo fenómeno da Capela Román Pérez, acabou 5º na clasificación xeral sumando 21 puntos, os suficientes para adiantar a Francisco Vilaboa.
Na xeral final, Ismael acabou con 127 puntos, segundo Francisco Vilaboa con 120 e terceiro Javier Fernández con 94 puntos.
Ismael_Veiga_1.jpg


Na xeral absoluta, a que computa os senior e os junior, Ismael foi cuarto tras Adrián Garrido (200), Marcos Fernández (184) e Juan Outón (166).
O resto de campións foron Rubén Fernandez en cadete-xuvenil, Joel Antón alevín, veteráns Óscar Barcia e Marc Martínez en Promoción.
O vindeiro 10 de Outubro en Carballo Ismael rematará o outro campionato, o de Moto Cross, anque nesta ocasión terao máis complicado pois a falta de unha proba e 50 puntos por disputar, é terceiro na xeral junior con 84 puntos, por detrás de Francisco Vilaboa (118) e Erick Vázquez (90).
Ismael_Veiga_2.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios