Entrevista a Serafín Fontao e Carlos Mieres, adestradores da Selección Española de Kaiak Polo, por Xose Ferreiro

97

Esta semana, do 1 ó 5 de Setembro disputarase en Milán a novena edición dos Mundiais de Kaiak Polo. As Pontes estará representada polo adestrador absoluto Serafín Fontao e polo seleccionador Sub21 Carlos Mieres.
Serafín Fontao foi elixido mellor deportista pontés en 2001. 2 veces campión de España e 3 de Galicia, é unha auténtica institución dentro do Kaiak Polo español. Foi porteiro da selección española en nada máis nin nada menos que 5 Campionatos de Europa e 5 Mundiais. Os seus mellores resultados son un 4º posto no Europeo de Madrid 2005 e un 5º no Mundial de Canadá 2008.
Carlos Mieres tamén foi 2 veces campión de España e 3 de Galicia, como xogador da selección española participou no Europeo de Madrid 2005 (4º) e nos Mundiais de Xapón 2004 (7º) e Holanda 2006 (9º). Pero ademáis Carlos tamén foi un gran dianteiro nas categorías inferiores do CD Endesa As Pontes, e chegou a xogar no primeiro equipo.
O Kaiak Polo a grandes rasgos é unha combinación de piragüismo, waterpolo e baloncesto, xogase nunha pisicna cunha delimitación de 35 por 23 metros, as porterías miden 1 por 1.5 metros e están suspendidas a dous metros de altura, xogase a dous tempos de 10 minutos, con dous equipos de 5 xogadores cada un, cun balón de waterpolo e lóxicamente gaña o equipo que máis goles marca.
Serafín e máis Carlos aproveitan esta entrevista para que a xente se anime a practicar con eles no Pantano este maravilloso deporte que tantas alegrías deu ó pobo pontés, que de seguro que non se van a arrepentir. Mantiven unha conversa con eles antes de partir cara a Milán e estas son as súas impresións sobre a cita mundialista.
foto1.jpg


Hola, ¿Como vedes a situación do Kaiak Polo local?, que tantos éxitos deu a este pobo, o equipo sub21 desapareceu, e o absoluto ten problemas pra reunir os xogadores suficientes, ¿Que tipo de solución lle vedes? Hai futuro?
SF: Hola, pois o Kaiak Polo local está pasando por unha mala época porque a xente cada vez vai máis maior, temos fillos, traballo, e os rapaces novos non se implican tanto como se facía antes, e as novas tecnoloxías para os novos no tempo de lecer están acabando co deporte, pero bueno …
CM: Hola, a situación do Kaiak Polo local, a verdade, si que é preocupante dende o punto de vista que o futuro non é moi optimista. A realidade é que nesta tempada tivemos moitos problemas á hora de confeccionar un equipo con certas garantías, dado que eran moitas as dificultades para reunir 7 ou 8 palistas cun certo compromiso e disponibilidade para asistir ós adestramentos e ós diferentes torneos de Liga Nacional, de feito vimonos en certa maneira obrigados a facer un fichaxe dun palista de Madrid, Jorge Huertas, que xogou este ano con nós. A base do equipo somos palistas veteráns e que moi ó noso pesar non nos quedan moitos anos de competición e polo tanto isto levanos a pensar que senon hai relevo xeneracional o futuro presentase relamente incerto. Si que é verdade que o ano pasado o noso equipo sub21 proclamouse Campión de España, pero de ese bo grupo as circunstancias persoais de todos e cada un deles cambiaron este ano, e non houbo continuidade. A solución é complicada e ogallá tivese a variña máxica que nos permitirá dar continuidade a este deporte que tantos éxitos deu ó pobo de As Pontes, pero sen dúbida pasa por fomentar o deporte desde as categorías inferiores e conseguir que senon todos, si a gran maioría dos rapaces, adopten o hábito do adestramento e sacrificio que ó final supón calquer deporte a un certo nivel.
Serafín, dos que aínda quedan a día de hoxe a nivel absoluto, ¿a que xogador pontés verías con máis posibilidades de xogar na selección española?, aparte de Carlos e máis ti (risas) … Carlos, no teu equipo querías incluir a algúns xogadores do equipo sub21 do Grupo Xuvenil que quedou Campión de España o ano pasado pero finalmente non puideron ir. Falame un pouco desta xeneración e ¿que futuro lles agarda ós rapaces? en caso de seguir adiante que aínda son moi novos.
SF: Pois a nivel absoluto tanto Óscar, Hugo e Iván Pena, que xa estiveron na sub21 e na absoluta, os tres teñen cualidades suficientes técnicas e de experiencia para xogar coa selección, deberían de adestrar o tema físico, moito físico, e a nivel sub21, temos ós “gemelitos”, David e Diego Cebreiro, que tamén teñen moitas cualidades e son moi bos, pero deben de adestrar moito.
CM: É seguro que no equipo sub21 do Grupo Xuvenil que se proclamou Campión de España o ano pasado, había xogadores que este ano poderían ter a posibilidade de pelexar por unha das 7 plazas para disputar o Mundial, sempre e cando tiveran continuidade nos adestramentos e disponibilidade para poder asistir a concentracións e torneos. Uns porque xa pasaron á categoría senior e outros porque por circunstancias persoais o impediron, a verdade é que quedei coa pena de non poder contar con algún pontés na selección española. O ideal sería que este grupo puidera seguir adestrando e tiraran uns dos outros, incluso trataran eles de implicar a algún amigo máis e desta forma teriamos outra xeneración de futuro que nos permitiría dar continuidade ó Kaiak Polo local.
foto2.jpg
Falamos do Mundial de Milán e as vosas seleccións, ¿cualidades dos vosos xogadores?, ¿a maior virtude do equipo?, ¿alguén que destaquedes que poida ser a “revelación”? …
SF: A maior cualidade é que son un equipo, xogan en equipo, non hai ningún mellor que outro, e son físicamente moi fortes, adestraron este ano moito o físico, e logo a revelación debería ser o máis antigo de todos, Fofi do Málaga, que debería coller xa os galóns, leva moitos anos sendo xogador da selección pero nunca colleu a capitanía e este ano creo que debe ser o seu mundial.
CM: Esta fin de semana temos en Madrid a última concentración preparatoria, e desprazaremonos ó Mundial o día 29. Estamos encadrados nun grupo con Francia, Bélxica e Irlanda, cos cales temos que pelexar para conseguir unha das dúas plazas que nos darían o pase á seguinte fase. Se desenvovemos na auga a nosa forma de xogar sacandolle o maior rendemento ós nosos puntos fortes, se defendemos a un nivel alto e non deixamos que nos intimiden o físico dos alemáns e holandeses por exemplo, e somos capaces de roubar balóns e explotar a nosa velocidade no contraataque estou seguro de que podemos darlle un susto a calquer selección.
Levades moitos meses adestrando, os maiores quedachedes nunha magnífica 2º posición na Flanders Cup, tras perder 1-0 con Francia na final, e os sub21 acadachedes unha boa 5º posición, ¿en que momento de forma chegades a esta cita?
SF: Estivo ben o segundo posto e sen dúbida imos chegar ben, a pesar de que levamos so 7 xogadores, dos cais un estivo lesionado moito tempo entón vai mermado físicamente, pero bueno, eu creo que imos chegar ben de forma ó Mundial e imos facer un bo papel.
CM: O noso quinto posto na Flanders Cup sen dúbida é una boa pedra de toque, pero os equipos afinan a preparación para chegar ó 100% ó máximo obxetivo que neste caso é sen dúbida o Mundial. O noso equipo chega en bo momento e como non podía ser de outra forma coa moral moi alta e pensando que podemos aspirar a todo, pero sen dúbida tamén hai que ser realistas e saber que hai equipos moi competitivos e que temos que estar moi concentrados.
¿Con que posición, resultado ou rendemento vos quedaríades satisfeitos? ¿A que aspiran as vosas seleccións?
SF: Gustaríame dicir primeiro (risas), pero eu creo que entre os catro primeiros sería moi bo, quinto sería bo, sexto e séptimo aceptable, de ahí para abaixo xa sería unha actuación máis normal.
CM: O noso grupo a priori é complicado, non obstante o ideal sería pasar esta primeira criba e estar loitando por un posto entre os 8 primeiros, a partir de aquí un resultado fantástico sería calquer opción de medalla, pero o noso obxectivo para este primeiro ano é algo máis modesto, e si estamos entre os 5 ou 6 primeiros poderiamos dicir que o obxectivo estaría cumprido sobre todo pensando que estamos en un proxecto máis a longo prazo como sería o Europeo de Madrid o ano que ven.
¿A quen vedes favoritos pra este Mundial nas vosas respectivas categorías? Falademe dos rivais que vexades con máis posibilidades.
SF: En categoría absoluta sempre hai seis equipos que están ahí que son Italia, Reino Unido, Holanda, Francia, Alemania e Australia, eu confío moito en Francia, Italia sempre da a sorpresa nos Mundiais, e ademáis xogan en casa, e Holanda está moi forte, ou sexa que calquera de eses tres eu creo que será o campión … ou España! (Risas dos tres).
CM: Con respecto ós rivais na categoría sub21, espero un pouquiño o de sempre, é dicir equipos como Francia, Alemania, Holanda, Italia ou Reino Unido seguro que van a estar ahí pelexando polas medallas.
Moitas gracias a Sera e Carlos e moita sorte!!!
foto3.jpg
9º MUNDIAL DE KAIAK POLO MILÁN 2010
SENIOR MASCULINO
Grupo A: Holanda, Nova Zelanda, Suiza, Xapón, Estados Unidos, Canadá.
Grupo B: Francia, Alemaña, Irlanda, Sudáfrica, Suecia, Rusia.
Grupo C: Italia, Reino Unido, Dinamarca, China Taipei, Polonia.
Grupo D: Australia, Portugal, Bélxica, Brasil, ESPAÑA.
SENIOR FEMININO
Grupo A: Reino Unido, Italia, Irán, Dinamarca, Singapur.
Grupo B: Alemaña, Canadá, China Taipei, ESPAÑA.
Grupo C: Francia, Holanda, Xapón, Estados Unidos, Rusia.
Grupo D: Nova Zelanda, Australia, Hungría, Suiza.
SUB21 MASCULINO
Grupo A: Reino Unido, Australia, Xapón, Suiza.
Grupo B: Francia, Bélxica, Irlanda, ESPAÑA.
Grupo C: Italia, Holanda, Canadá, China Taipei.
Grupo D: Alemaña, Polonia, Dinamarca, Irán.
SUB21 FEMININO (1ª Edición)
Grupo A: Canadá, Francia, Polonia, ESPAÑA.
Grupo B: Holanda, Reino Unido, Italia, Alemaña.
CAMPIÓNS MUNDIAIS DE KAIAK POLO:
MUNDIAIS MASCULINOS: 1994 Australia, 1996 Australia, 1998 Australia, 2000 Reino Unido, 2002 Reino Unido, 2004 Holanda, 2006 Francia, 2008 Holanda.
MUNDIAIS FEMININOS: 1994 Australia, 1996 Reino Unido, 1998 Australia, 2000 Alemaña, 2002 Alemaña, 2004 Reino Unido, 2006 Alemaña, 2008 Reino Unido.
MUNDIAIS SUB21 MASCULINOS: 2004 ESPAÑA (venceu a Italia na final co pontés ROBERTO RIVERA REGO de adestrador), 2006 Francia, 2008 Reino Unido.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios