I XUNTANZA DOS TOXEIRO

43

Este sábado 28 de agosto, os apelidados Toxeiro de As Pontes e outras comarcas confraternizaron nunha xuntanza celebrada nunha carpa instalada no patio do colexio Santa María da vila pontesa.
Ata alí achegáronse persoas de tódalas idades, unhas 130, cuxo primeiro ou segundo apelido ten por nome familiar Toxeiro. Xente do concello das Pontes, principalmente de Saa, Somede, O Freixo, Ribadeume e da propia vila, e outras procedentes de Roupar, Ferrol, Mera e incluso de Malpica de Bergantiños reuníronse nunha xornada de confraternidade, que comezou cunha misa, seguida dun xantar para rematar con baile ata a media noite, amenizado polo Trío Aguamarina, de Viveiro.
Entre os asistentes a esta primeira xornada de confraternidad, estiveron José Tojeiro Pita, de 88 anos e nado en Saa, e a súa dona Josefa García Bouza, nada en Xestoso hai 87 anos, actualmente residentes en San Félix de Monfero. Os dous eran os de máis idade e con 62 anos de matrimonio, mentres que Lara Pico Tojeiro, de tan só nove meses era a máis nova dos que acudiron a esta cita.
Todos coincidiron no desexo de volver a repetir a xuntanza en máis ocasións.
toxeiro_0001.jpg


O APELIDO TOXEIRO
Este apelido galego, castelanizado Tojeiro, atópase principalmente no norte das provincias das Coruña e Lugo. Precisamente o concello con máis densidade é o das Pontes co 0,75% do total da súa poboación, seguido de Monfero (0,74%), Muras (0,69%), Cariño (0,63%), Ortigueira (0,39%) e Cedeira (0,24%).
En total residen en As Pontes 182 persoas, que teñen como primeiro ou segundo apelido Toxeiro. A continuación está Ferrol (con 146 e o 0,09%), Narón (109 e o 0,16%), Ortigueira (63), A Coruña (63 e o 0,013%), Cariño (61), Monfero (38), Cedeira (36), Cerdido (23), Fene (22 e o 0,07%) e Muras (14).
Na provincia de Lugo hai rexistrados 66 “Toxeiro”, 52 na provincia de Pontevedra (nos concellos de Redondela, Vigo, Forcarei, Marín e Pontevedra) e na provincia de Ourense tan só hai rexistrada unha persoa no concello da capital das Burgas. A provincia coruñesa é a que máis persoas ten co apelido Toxeiro, con 836 dun toTal de 955. Fóra de Galicia, debido á emigración, hai contabilizados sete en Madrid e cinco en Gipuzkoa.
Catro aldeas galegas teñen o topónimo Toxeiro, concretamente nos concellos de Abadín, Cospeito, Vilalba e Ortigueira. Toxeiros Vellos está no concello de Castro de Rei.
As Pontes, 28 de agosto de 2010 (AF)
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
toxeiro_0001.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios