Carlos Mieres 5º, Serafín Fontao 6º, e Borja Prieto 32º, nos Campionatos do Mundo.

130

As seleccións españolas de Kaiak Polo concluiron hai unhas horas a súa participación nos Campionatos do Mundo disputados en Milán. A sub21 masculina (dirixida por Carlos Mieres) e feminina concluiron en unha brillante 5º posición, a masculina senior de Serafín Fontao acabou 6ª, e a senior feminina foi 8ª.
Os homes dirixidos por Fontao venceron no torneo a superpotencias como Australia ou Gran Bretaña e empataron con Holanda, pero un inesperado empate ante unha das cenicientas, Suiza, privounos das semifinais, e xa na loita pola 5º e 6º praza caeron ante a outra sorpresa, Nova Zelanda. Finalizaron 6º anque mereceron moito máis. A sub21 masculina de Carlos Mieres fixo un brillante torneo acabando na 5º posición final cun equipo moi novo, incluso ganando a potencias como Australia ou empatando con Holanda. Tamén sorprendeu o 5º posto da sub21 feminina integrada polas ex xogadoras do Folixa, Susana Costas e Alba Fernandez, empezaron perdendo todos os seus partidos, pero no treito final gañaron os tres ultimos concluindo nunha máis que digna 5º posición. A senior feminina da ferrolá Paula De La Peña, tivo opción incluso de meterse en semifinais, pero acabaron concluindo na 8º posición final.
Pola súa banda Borja Prieto disputou esta fin de semana en Portimao o Mundial de Surf Ski, no que finalizou na 32º posición dos máis dun centenar de participantes, cun tempo de 2 horas 25 minutos 2 segundos. Coparon o podio tres sudafricanos e en mulleres tamén gañou unha sudafricana, pero na competición de K1 e K2 tradicional masculino e K2 tradicional feminino os españois repartironse todas as medallas en xogo.


MUNDIAL DE KAIAK POLO MILAN 2010.
Senior Masculino: 1º Francia, 2º Alemania, 3º Italia … 6º España
España: Brasil (7-0), Bélxica (3-2), Australia (3-2), Portugal (4-3), Suiza (3-3), Alemania (1-2), Gran Bretaña (3- 1), Bélxica (9-2), Holanda (2-2), Nova Zelanda (0-1).
Senior Feminino: 1º Gran Bretaña, 2º Alemania, 3º Francia … 8º España
España: China Taipei (11-6), Alemania (3-6), Canadá (5-4), Nova Zelanda (3-6), Holanda (4-4), Gran Bretaña (1-7), Irán (4-7), Holanda (2-3).
Sub21 Masculino: 1º Alemania, 2º Francia, 3º Gran Bretaña … 5º España
España: Irlanda (3-2), Francia (1-3), Bélxica (7-2), Alemania (3-8), Holanda (3-3), Gran Bretaña (1-4), Irán (3-1), Australia (4-2).
Sub21 Feminino: 1º Francia, 2º Alemania, 3º Gran Bretaña … 5º España
España: Francia (0-8), Polonia (1-8) Canadá (3-4), Francia (0-4), Alemania (0-4), Holanda (6-2), Canadá (6-0), Holanda (7-5).
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios