TERCEIRA DIVISIÓN. UD SOMOZAS 0 CD AS PONTES 3

338

Primeira victoria do As Pontes no seu retorno á Terceira División. O partido estivo marcado polo forte vento que facía, que na primeira metade favoreceu ós locais e na segunda ós visitantes. Puidose adiantar o Somozas tras un tiro á cruceta do mítico ex xogador do Ferrol en 2º División, Gonzalo Sueiro (12´). Tamén tivo a súa Javi López (21´) e no 34´ David G lanzou fora por pouco. Tamén destacar que se retiraron pronto con molestias Iván González e David Vidal. Na segunda metade Felipe Varela estivo pletórico, marcou nada máis sacar de centro e no 62´ anotou a placer tras unha gran internada de Jordi por banda. O propio Jordi puido sentenciar un minuto máis tarde cando quedou so ante Abraham. No 74´ e co vento a favor Kiko saca de portería, Felipe cabecea hacia atrás a 25 metros da portería e o balón colase por riba do meta visitante firmando a sentencia. O As Pontes é noveno e a próxima semana recibirá a outro ascendido, o Estradense, antes de rendir visita o mércores 22 ó Ferrol na Malata, un Racing que agora mesmo está por detrás dos ponteses.
somozas-aspontes_0001.jpg


Somozas 0. Abraham, Quintian, Nando, Seijas (Joel 64), David, Franch, Sueiro, Jose Luis, Rubén, David G (Luis Coedo 75), Luis (Moreira 45).
As Pontes 3. Kiko, Rochela, Javi Lopez, Piñeiro, Schuster, Dani, Iván (Felipe 32), David Vidal (Jordi 38), Hugo, Bossa, Pablo (Chote 78).
Campo e incidencias: Municipal Pardiñas. Uns 300 espectadores, moita presencia pontesa en tarde soleada pero con moito vento.
Árbitro: García Villaverde (Ferrol). Auxiliado nas bandas por Alberto Martínez e Elena García. Amarela a Nando e Kiko.
Goles: 0-1, Felipe (46´), 0-2, Felipe (62´), 0-3, Felipe (74´).
somozas-aspontes_0001.jpg
somozas-aspontes_0001.jpg
somozas-aspontes_0001.jpg
somozas-aspontes_0001.jpg
somozas-aspontes_0001.jpg
somozas-aspontes_0001.jpg
somozas-aspontes_0001.jpg
somozas-aspontes_0001.jpg
somozas-aspontes_0001.jpg
somozas-aspontes_0001.jpg
somozas-aspontes_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios