COPA XUNTA DE GALICIA: O ESTEO FS – RIBEIRA DE PIQUIN FS (5-4)

57

O Esteo sumou os tres primeiros puntos da fase previa da copa Xunta de Galicia ó gañar ó Ribeira de Piquin por un axustado 5-4 (2-3 ó descanso). Uns cen espectadores no pavillón municipal da Fraga.
Con máis dificultades das previstas o Esteo acadou unha importante vitoria de cara a clasificación para a segunda fase. Nos ponteses notouse o esforzo realizado o día anterior no amigable contra o Cidade de Narón, ó que golearon por un claro 6-2 (goles de Rubi -2- Noé -2- Gerardo e Anxo polo Esteo e Lito e Juve polo Cidade de Narón). O partido estivo igualado cun Esteo que levou a iniciativa e un Ribeira de Piquin, ascendido esta temporada á primeira nacional B, que amosou boas maneiras e a piques estivo de dar a sorpresa neste primeiro choque da copa Xunta de Galicia, xa que a falta de pouco para rematar o encontro os lugueses tiveron unha clara ocasión para poñer o 4-5, pero Javichu, que estivo soberbio nos dous partidos, detivo o balón e acto seguido nun contragolpe Noé estableceu o definitivo 5-4.
Mañá martes 14, o Esteo xoga en Ferrol o segundo partido desta fase previa da copa diante dun complicado rival, O Parrulo FS.
esteo_1.jpg


O ESTEO FS: Iván, Anxo, Noé, Rubi, Roi –cinco inicial- Santi, Pelu, Pellón, Fran e Javichu.
RIBEIRA DE PIQUIN: Dani, Donino, Paco, Quico, Gerardo –cinco inicial- Jandro, Aarón e Josito.
ÁRBITROS: Jesús Trebolle e Carlos Suárez, de Lugo. Amoestaron a Anxo, Rubi e Javichu, polo Esteo, e a Donino, Quico, Gerardo e Jandro, por parte dos lucenses.
GOLES: Min. 4 (0-1), Gerardo. Min. 16 (1-1), Pellón (dobre penalti). Min. 18 (2-1), Fran. Min. 19 (2-2), Aarón. Min. 19’26” (2-3), Gerardo. Min. 24 (3-3), Noé. Min. 31 (4-3), Noé (penalti). Min. 33 (4-4), Gerardo. Min. 38 (5-4), Noé.
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios